Navega en galego

A pesar de que poidas ter unha versión traducida ao galego do teu navegador, isto non implica necesariamente que estea configurado para navegar na nosa lingua. Tanto o máis importante que o propio menú é a lingua en que está configurado para navegar a través da rede: sen o saberes, estás a dar a coñecer a túa prefencia lingüística aos xestores de contidos.
Por que é importante?
Navegar en galego é importante por varios motivos:
Ao entrares nunha páxina web que teña tradución a diferentes linguas, a páxina verase na que teñas establecida como predefinida. Nalgunhas poderás mudar de idioma, mentres que noutras non che ofrecerán esta posibilidade. Se tes configurado o navegador para empregares o galego como primeira opción, verás a páxina neste idioma se ten tradución e sen necesidade de mudar a opción.
Se precisas descargar un programa que ten múltiplas traducións, este baixarase na versión de idioma que teñas establecido como predefinido. Así, se tes o galego como primeira opción, o programa descargarase na nosa lingua, sen necesidade de procurares posteriormente outra versión.
Ademais, nalgunhas páxinas fica constancia do navegador que estás a empregar e a túa lingua de navegación. Ao pores o galego como idioma predefinido, estas a dicir de forma indirecta que precisas e buscas contidos en galego, polo que podes influír en que creen a versión en galego se aínda non a teñen
Xa sabes porque; agora que o navegador fale por ti!

Navega en galego

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes