A túa mesa en galego

A SXPL publica un especial na súa web no que informan acerca dos produtos etiquetados en lingua galega.

Este Nadal, a túa mesa en galego

Este Nadal, agasallos en galego (II)

O Servizo de normalización lingüística do Consello da Xuventude de Galicia presentou a guía O noso Nadal, galego e verde cos obxectivos de animar a cidadanía a vivir un Nadal en galego, solidario e respectuoso co medio.

Coa edición da guía O noso Nadal, galego e verde o CXG pretende animar a todas as persoas a vivir un Nadal propio, autóctono e a gozar destas datas, xunto coa xente que queremos, respectando o medio e as tradicións, porque Galicia é unha terra hospitalaria, amigable, galega e verde grazas ás súas xentes que século tras século souberon gozar da súa terra dun xeito san e natural, respectando as súas orixes e peculiaridades.

A guía consta de dúas partes diferenciadas: a guía de galego e a guía verde.

A parte de galego contén artigos de Séchu Sende, Paula Carballeira, Marcus Fernández e o equipo responsable do proxecto Orella Pendella. Ademais, inclúe unha serie de recomendacións para agasallar produtos culturais en galego e información sobre diferentes roteiros literarios.

A parte verde contén artigos de María Carmen Fidalgo (Amarante), Juan Marcos Pérez Gulín (Fundación Galicia Sustentable), Xosé María García Villaverde (Verdegaia), Rebeca Carreiro (Amigos da Terra) e Adrián Serantes (proxecto Xanela aberta). Ademais, inclúe información sobre As termas de Bande, un lugar de interese.

A guía tamén inclúe dous menús tradicionais completos para degustar nestas festas (menú 1: coliflor con bacallau, carne asada e anguía de mazapán; menú 2: sopa de allo, ollomol ao forno e compota de mazá e pera ao viño tinto), elaborados por Marta Xen, e un menú vexetariano (cebolas asadas con queixo de cabra, berenxenas recheas e torta de mazás e noces).

SNL do Consello da Xuventude de Galicia. O noso Nadal, galego e verde (PDF)

Recomendacións do SNL do Concello da Coruña

Recomendacións do SNL do Concello de Redondela

SNL do Concello de Cerceda. Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego (PDF)

Carta aos Reis Magos do SNL do Concello da Coruña

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña preparou un modelo de carta aos Reis Magos para que os nenos e as nenas poidan pedir os seus agasallos.

Xunto coas cartas, elaborouse unha unidade didáctica para pais, nais e docentes que ten como obxectivo fomentar o uso do galego na infancia e orientar os pequenos e pequenas na confección dunha carta creativa e imaxinativa. Promóvese a utilización de xogos colectivos e non sexistas, os valores como o consumo responsábel e o respecto ao medio ambiente, así como a recuperación das tradicións galegas.

A carta está deseñada utilizando fragmentos de obras de artistas plásticos coruñeses. A unidade didáctica tamén procura un achegamento dos nenos e as nenas ao traballo pictórico da súa zona.

Para este exercicio utilizáronse cadros de Alberto Datas, Sabela Baña, Isabel Pintado, Urbano Lugrís Vadillo, Pablo Gallo, María Corredoyra, Jorge Cabezas, Alfonso Abelenda Escudero, Marta Pardo de Vera, María Antonia Dans e Elena Gago. Deixamos aquí constancia do agradecemento da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña pola boa disposición dos artistas neste proxecto.

Esta unidade didáctica foi distribuída entre os centros educativos do Concello da Coruña. Ademais, repartíronse centos de exemplares no AchegArte e, actualmente, poden encontrarse nas bibliotecas e nos centros cívicos municipais.

Debido á boa acollida desta inciativa, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña decide agora poñer a disposición de todos os persoas interesadas a carta e a unidade didáctica para a súa descarga.

Descarga da carta (PDF)

Descarga da unidade didáctica (PDF)

Descarga das solucións dos exercícios da unidade didáctica (PDF)

Blog do SNL do Concello da Coruña

Este Nadal agasallos en galego

O SNL do Concello de Cerceda publicou unha guía de agasallos culturais  para realizar nestas datas baixo o título “Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego”

Trátase dunha pequena escolma de libros divididos por áreas (novela, teatro, poesía, xuvenil, primeiros lectores, ensaio), de música e de DVD cuxo fío condutor é a súa calidade e teren o galego como lingua.

Por outra banda o SNL do Concello de Redondela tamén nos achega interesantes recomendacións a través do seu blog.

Un Nadal de agasallos. Un Nadal en galego (PDF)

Recomendacións do SNL do Concello de Redondela

[Actualización 14/12/09] O SNL do Concello da Coruña tamén nos presenta as súas recomendacións

O Blog do SNL de Zas, bitácora da semana para Que pasa na costa

Este blog foi elixido polo xornal dixital Que pasa na costa como bitácora da semana.

A elección, que conforma o número 74, ven de sumarse a outras como a do blog da Coral polifónica Xan Mella, a do blog da UPD Pacto territorial do emprego da Costa da Morte ou a do blog da Universidade Popular de Corcubión.

Moitas grazas

Quepasanacosta.com

Guía rápida para unha linguaxe non sexista

Dende o Blog responsable (sin sexismos) editan unha Guía rápida para unha linguaxe non sexista.

Neste documento explícanse os casos máis frecuentes de linguaxe sexista e ofrécense solucións para evitar a súa utilización.

Se tes un blog ou un sitio web tamén podes unirte a campaña para una linguaxe non sexista asumindo os principios e as recomendacións da guía ao redactar os textos e os contidos e engadindo o logo da campaña cunha ligazón á páxina web do proxecto.

Blog responsable. Sin sexismos

Guía rápida para unha linguaxe non sexista (PDF) (Galego)

Recursos para a normalización lingüística no ámbito xurídico

O Servizo de Asesoramento Lingüístico do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela presenta dous novos recursos en liña destinados a promover o uso do galego no ámbito xurídico.
Trátase concretamente do proxecto Formularios procesuais en lingua galega, que consiste na tradución e renovación dos escritos máis habituais da práctica da avogacía, e mais do web As leis en galego, que compila textos legais publicados no noso idioma.

Vía: CDSG

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes