Eufalo.tv

Un novo espazo acaba de aparecer na rede, Eufalo.TV, un proxecto de documental colaborativo sobre a lingua, dende o punto de vista dos/as falantes. É, por tanto, unha historia feita a partir de pequenas historias, un discurso feito con moitos discursos diferentes e variados.

O proxecto conta co traballo da empresa A Navalla Suíza e un equipo de colaboradores formado por Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros.

A pesar deste soporte, Eufalo.TV, accesíbel no enderezo http://eufalo.tv é un proxecto que pide a colaboración dos e das internautas para que envíen vídeos onde conten historias ou vivencias, propias ou alleas, sobre a lingua e nosa relación con ela.

Eufalo.tv

Fonte: CTNL

Convocatoria dos premios Xerais e Merlín 2010


A editorial Xerais convoca a 27ª edición do premio Xerais de novela e a 25ª do Merlín de literatura infantil.

Os certames están dotados con 25.000€ e con 10.000€ respectivamente.

O prazo de entrega remata o día 12 de abril.

Bases da 27ª edición do premio Xerais de novela

Bases da 25ª edición do premio Merlín de literatura infantil

Web da editorial Xerais

Cursos Celga 2010

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para este ano un total de 185 cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis 1, 2, 3 e 4 do Certificado de lingua galega (Celga). A convocatoria vai dirixida a particulares (adultos), colectivos, entidades e/ou organizacións que conten cun mínimo de 25 persoas preinscritas para asistir aos cursos.

O Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, ten previsto solicitar dous cursos:

a) Curso de Celga 3

De abril a maio

b) Curso de Celga 4

De setembro a novembro

O prazo para realizar a preinscrición remata o vindeiro 24 de febreiro, e na petición deberán constar: nome completo, DNI, número de teléfono de contacto e nivel de coñecemento da lingua galega que posúen, ou o curso Celga que desexan facer.

As persoas interesadas ou as que teñan algunha dúbida acerca dos cursos Celga ou das súas validacións, poden poñerse en contacto co SNL (Casa do Concello, Praza do Campo, núm. 1, Zas), a través do teléfono 981 708 303, do correo electrónico, do formulario de contacto deste blog ou no formulario de preguntas situado na columna dereita do blog e no enderezo http://www.formspring.me/snlzas.

Información sobre os CELGA

Convocatoria

Ecolingua 2009. Videos das sesións

Xa están dispoñíbles as intervencións do simposio Ecolingua 2009.

Ecolingua 2009 desenvolveuse en Vigo os días 17, 18 e 19 de decembro de 2009 organizado polo Instituto de Estudos Europeos e Autonómicos (IGEA).

Fonte:  CTNL

Videos

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes