Xornadas sobre a historia de Galicia no Concello de Zas

O Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Deputación da Coruña organiza as Xornadas sobre a Historia de Galicia.
As actividades estarán conformadas por unha exposición de Edicións A Nosa Terra sobre a historia de Galicia e un ciclo de conferencias.
A exposición, obra do ilustrador Pepe Carreiro (Os Bolechas), estará dende o día 5 até o día 16 de abril no Anexo ao Polideportivo de Baio. Está prevista a visita do alumnado dos centros de ensino do Concello que será agasallado cunha publicación da Editorial A Nosa Terra sobre o tema.
Para concertar unha visita guiada a esta exposición poden poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello a través do teléfono 981 708 303.
O día 9 de abril as 20:00 h no Anexo ao Polideportivo de Baio o técnico en xestión cultural e museólogo da Deputación da Coruña, Felipe Senén, desenvolverá a conferencia O patrimonio cultural galego, o estado da cuestión.
As xornadas tamén inclúen un ciclo de conferencias nos centros de ensino que comezarán o día 6 de abril no CPI de Zas coa conferencia A historia do Concello de Zas a través dos seus nomes a cargo de Pepe B. Alborés, técnico de normalización lingüística do Concello de Zas.
O día 12 de abril, no IES Maximino Romero Lema, terá lugar a seguinte actividade, unha conferencia do historiador Bieito Alonso titulada A nosa historia.
A última das conferencias nos centros de ensino terá lugar o día 14 de abril no CEIP Labarta Pose de Baio. Correrá a cargo do xeógrafo e historiador Evaristo Domínguez Rial e levará por título Aproximación histórica ao Concello de Zas.

Que pasa na costa.com

Chuza.org

La Voz de Galicia

CTNL

Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

Finisterrae.com

Other links to this post

  1. SNL do Concello de Zas » Xornadas sobre a historia de Galicia no Concello de Zas. Charla no CPI de Zas

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes