Programación Letras Galegas 2010

O Servizo de Cultura e Deportes en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística e cos EDNL do CPI de Zas, do CEIP Labarta Pose de Baio e do IES Maximino Romero Lema de Baio presentan a seguinte programación para conmemorar o Día das Letras Galegas do ano 2010, dedicado ao poeta Uxío Novoneyra.

II Concurso de Marcapáxinas
A Biblioteca Municipal, con motivo da celebración das
Letras Galegas, convoca este concurso no que poden
participar todo o alumnado dos centros de ensino do Concello
ou os adultos.
Establécense 4 categorías (benxamín, infantil, xuvenil e adultos)
Podes consultar as bases en www.concellodezas.org
4 de Maio
Sesión de contacontos, Compañía do Trinke Trinke
Biblioteca Municipal (18.15 h)
8 de Maio
A Bíblia contada aos galegos
Grupo de teatro Feminino Plural do IES Maximino Romero de Baio
Auditorio do Concello (20.00h)
Do 10 ao 17 Maio
SOStendo, obradoiros frote ao cambio climático
Exposición e obradoiros no Centro socio-cultural
12 de Maio
Proxección con música en directo. Ancestral servizos  musicais
Dirixida ao alumnado de primaria dos colexios de Zas e Baio
Zas: no Auditorio do concello (10.00h)
Baio: Auditorio de Baio (12.00h)
13 de Maio
SOStendo o planeta
Obradoiro infantil e de adultos
Centro Socio-cultural (18.00h)
14 de Maio
A verdadeira Historia dos Tres Porquiños e o Lobo feroz, Teatro del Andamio
CPI de Zas (11.45h)
15 de Maio
Entrega de Premios do II Concurso de Marcapáxinas
Centro socio-Cultural (18.30h)
Foliada Tradicional coa participación do grupo Churía da
A.C. Castro Meda
18 de Maio
Sesión de Contacontos, Compañía do Trinke Trinke,
Biblioteca Municipal (18.15 h)
19 de Maio
Pingueiras e Tarteiras, Teatro del Andamio
CEIP Labarta Pose de Baio (11.45h)

+INFO: www.concellodezas.org

981708303 / 981 751 398

Charla de Evaristo Domínguez Rial no CEIP Labarta Pose de Baio

Dentro das Xornadas de Historia de Galicia, o pasado 14 de abril o profesor e xeógrafo Evaristo Domínguez Rial impartiu uha conferencia no CEIP Labarta Pose  de Baio

Charla de Bieito Alonso no IES Maximino Romero Lema de Baio

Dentro das Xornadas de Historia de Galicia, o pasado 12 de abril o historiador Bieito Alonso impartiu uha conferencia no IES Maximino Romero Lema de Baio

Visitas a exposición “Historia de Galicia”

Alumnado do CPI de Zas

Alumnado do CEIP Labarta Pose de Baio

IES Maximino Romero Lema de Baio

Capítulo O: Brandomil: mergullándonos na procura da vila afundida

Hoxe, Manuel Gago describe o que se pode atopar nunha visita á vila zaense de Brandomil.

Algo escoitamos estes días nas Xornadas de Historia de Galicia acerca do que el describe.

Brandomil. Mergullándonos na procura da vila afundida

Capítulo 0. Blog de Manuel Gago

Convocatoria do I Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2010

A Deputación da Coruña convoca o I Premio Rosalia de Castro de Lingua coa finalidade de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, figura principal da historia da literatura galega e como medida impulsora de normalización lingüística.

No BOP do día 15 de abril publícanse as bases:

Servizo de Fomento e Servizos Provinciais. Unidade técnica de Normalización Lingüística

Convocatoria do I Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2010

Coa finalidade de manter viva a memoria de Rosalía de Castro, figura principal da historia da literatura galega e como medida impulsora de normalización lingüística a Deputación da Coruña convoca o I Premio “Rosalía de Castro” de Lingua de acordo coas seguintes:

BASES

1.- Obxectivos

– Recoñecer a aquelas persoas, empresas, asociacións ou entidades que, coa súa actuación, axudan a impulsar a presenza da lingua galega na provincia da Coruña, en particular, e na sociedade galega, en xeral.

– Manter viva a memoria de Rosalía de Castro.

2.- Destinatarios

Poderase outorgar este premio a calquera persoa, empresa, asociación ou entidade radicada en Galicia, entendendo como tales aquelas que teñan a súa sede social ou residencia no territorio da Comunidade Autónoma e aquelas que teñan unha especial incidencia ou desenvolvan a súa actividade na provincia da Coruña

3.-Premios

Establécese o seguinte galardón

a) Un premio que se lle concederá a unha persoa, empresa, asociación ou entidade de ámbito galego, en xeral e na provincia da Coruña, en particular, que destacase pola súa traxectoria na promoción e normalización da lingua galega ou que destacase por actividades que implicasen o espallamento da lingua galega durante o ano en curso.

O Premio “Rosalía de Castro” de Lingua 2010 non ten dotación económica. O galardoado recibirá unha figura acreditativa que está en posesión desta distinción.

4.- Xurado

A proposta para o premio e a escolla do gañador tomaraa un xurado formado por:

· O presidente da Deputación da Coruña ou persoa en quen delegue, que será o/a presidente/a.

· Un/unha representante técnico da Deputación da Coruña que realizará as funcións de secretaría, asistirá ás xuntanzas do xurado, con voz e sen voto.

· Un/unha representante da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

· Un representante do movemento asociativo da provincia da Coruña.

· Un/unha representante dos Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística dos centros de ensino da provincia da Coruña.

· Un/unha representante da Universidade da Coruña ou Santiago de Compostela

· Un/unha representante dos medios de comunicación, nomeado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

· Unha persoa de recoñecido prestixio no seu traballo a prol da lingua galega.

As candidaturas deberán ser avaliadas polo xurado tendo sempre en conta o obxectivo do premio.

5.- Aspectos que se valorarán

Para a concesión dos premios o xurado terá en conta os seguintes criterios:

a. Tarefa continua desenvolta en favor da normalización lingüística do galego.

b. Actuacións concretas en favor da normalización dos usos sociais da lingua galega.

c. Uso habitual e normal do galego nas súas actividades e nos seus servizos.

d. Campañas de información e/ou publicitarias en galego.

e. Contribución á galeguización de sectores de especial relevancia económica, social e cultural.

Ademais dos devanditos, o xurado poderá valorar outros méritos das persoas ou entidades que se propoñan.

6.- Prazos

Logo da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, haberá 15 días para que se presenten as propostas. O xurado reunirase no prazo dos 15 días seguintes para votar as propostas presentadas.

7- Sistema de votación

O xurado tamén poderá propor candidaturas. O xurado seleccionará o premiado de acordo coa finalidade do premio. O premio será outorgado por votación do xurado. Será necesaria a maioría cualificada de dous terzos na primeira volta de votacións. De non alcanzarse acordo, procederase a unha segunda votación na que será necesaria a maioría simple. O xurado poderá optar por deixalo deserto. A súa decisión será inapelable.

8- Entrega de premios

A entrega dos premios realizarase o 28 de maio, no transcurso do acto público da III Festa da Lingua, organizada pola Deputación da Coruña.

9- Interpretación

O xurado queda facultado para interpretar as presentes bases.

A Coruña, 12 de abril de 2010

O PRESIDENTE O SECRETARIO

Salvador Fernández Moreda José Luis Almau Supervía

Bases do I Premio Rosalía de Castro de Lingua

Bases do I Premio Rosalía de Castro de Lingua (PDF)

Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

Lingua de Amor 2010

O Consello da Xuventude de Galicia (CXG), a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, puxo en marcha a IV.ª edición de Lingua de amor, o concurso de cancións e declaracións de amor en galego a través da internet.

Lingua de amor ten como obxectivo principal estender o uso do galego como lingua habitual entre a xente moza nas súas comunicacións a través da rede.

Establécense dúas modalidades de participación: declaracións e cancións de amor.

Os premios serán os seguintes:

Modalidade 1: declaracións de amor en galego a través da rede

Categoría A (de 14 a 19 anos):
1.º Un computador portátil Netbook

2.º Unha consola Nintendo DSI XL

3.º Unha cámara de fotos dixital

Categoría B (de 20 a 35 anos):
1.º Un computador portátil Netbook

2.º Unha cámara de vídeo dixital

3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Modalidade 2: cancións de amor en lingua galega
1.º Un computador portátil Netbook

2.º Un iPod de 3.ª xeración

3.º Unha consola Nintendo DSI XL

Para participar no concurso só hai que rexistrarse na páxina www.linguadeamor.eu. O prazo permanecerá aberto ata o 28 de maio de 2010 e para as votacións será do 29 de maio ata o 6 de xuño de 2010

SNL do Consello da Xuventude de Galicia

Fotografias do acto de inauguración da exposición Historia de Galicia e da conferencia de Felipe Senén en Baio (Zas)

Gañadoras do concurso de relatos sobre violencia de xénero

Algunhas das persoas participantes nos Obradoiros de linguaxe non sexista

Xornadas sobre a historia de Galicia no Concello de Zas. Charla no CPI de Zas

O día 5 de abril desenvolveuse, dentro do programa das Xornadas sobre a Historia de Galicia no Concello de Zas, unha conferencia no CPI de Zas.

A exposición estivo a cargo do técnico de normalización lingüística do Concello, titulábase A historia do Concello de Zas a través dos seus nomes e nela fíxose un percorrido polas distintas etapas históricas e as pegadas que deixaron na toponimia do Concello.

Imaxe en alta resolución

Imaxe en alta resolución

Imaxe en alta resolución

As seguintes conferencias programadas son:

Felipe Senén, técnico en xestión cultural e museólogo da Deputación da Coruña.

Venres 9 de abril as 20:00 h no Anexo ao Polideportivo de Baio

Bieito Alonso, historiador.

Luns, 12 de abril as 17:00 h no IES Maximino Romero Lema de Baio

Evaristo Domínguez Rial, historiador.

Xoves 14 de abril as 16:00 h no CEIP Labarta Pose de Baio

Xornadas sobre historia de Galicia no Concello de Zas

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes