“En castellano no hay problema” de Carlos Callón na III Semana Cultural do Concello de Zas

O vindeiro xoves 5 de agosto, no marco da III  Semana Cultural do Concello de Zas terá lugar a presentación do libro En castellano no hay problema de Carlós Callón.

Carlos Callón é, dende o ano 2002, presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística.

Neste libro, o autor, ademais de rebater con argumentos algúns dos prexuízos e tópicos máis asentados contra a lingua galega, analiza a situación do idioma, repasa reivindicacións, presenta alternativas, convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade e alerta das medidas que deberían adoptar os poderes públicos.

Actividades da III Semana Cultural do Concello de Zas

Artigo sobre Teodoro Morgade en La Voz de Galicia

Con motivo do 75º cabodano do poeta de Baio Teodoro Morgade, Xosé M. Rei Lema publica un artigo en La Voz.

Morgade ou a promesa truncada

Un gran esquecido na historia da literatura galega

Festa da Carballeira 2010

Windows 7 en galego

Xa se pode descargar dende a páxina de Microsoft o parche para o sistema operativo Windows 7 para termos unha interface en galego.

O paquete de idioma de interface de Windows (LIP) fornece unha versión parcialmente traducida das áreas máis utilizadas do Windows. Despois de instalar o LIP, o texto do asistente, as caixas de diálogo, os menús e os temas de Axuda e asistencia móstranse en galego. O texto que non estea traducido aparecerá no idioma base de Windows 7.

Paquete de idioma de interface para o Windows 7

Vía: CTNL

Ferrol con lingua.com

Ferrol con lingua é un novo web deseñado para difundir as accións de promoción da lingua galega que se desenvolven desde o Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol

O Gabinete de Normalización Lingüística (GNL) do Concello de Ferrol impulsa o web www.ferrolconlingua.com para difundir e dar a coñecer as actividades de promoción da lingua galega.

A través deste espazo pódese acceder a información sobre accións de promoción lingüística dirixidas ao mundo do deporte, accións para os mercados, ou as accións para a mocidade e o ensino.

Desde o GNL de Ferrol traballan para procurar unha implicación real dos grupos de traballo, das entidades, das asociacións, das persoas interesadas en participar. Todo isto impulsado desde o Consello Municipal da Lingua, órgano de asesoramento en materia de política lingüística.

A idea, dinamizar o uso de idioma en espazos visíbeis, estratéxicos…

En Ferrol con lingua pódese acceder a información sobre as accións no ámbito sociocultural (ensino e mocidade, deporte, infancia e toponimia), no socioeconómico (campaña de promoción lingüística nos mercados) e no da propia administración.

Ferrol con lingua

Vía CTNL

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes