Lingua galega.tv

Linguagalega.tv é un espazo creado por Acuarela Comunicación sll para a divulgación e promoción da lingua galega.

Os seus obxectivos son:

– Producir contidos televisivos que promovan o uso e o coñecemento da lingua e cultura galega.

– Elaborar unha programación que reflicta as diversas accións de promoción da lingua galegaque se desenvolven dende as administracións públicas: Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia; universidades, deputacións, concellos. Prestarase, ademais, un especial interese ao ámbito da emigración e á participación dos colectivos cidadáns comprometidos coa lingua galega: os SNL das diversas institucións, editoriais, produtoras de cine e TV, compañías de teatro, movemento asociativo, etc.

Linguagalega.tv

Un ano na rede

61 anotacións, máis de 5.000 visitas e seguimos…

Concurso de vídeo creación. Os vídeos

Estes son os 6 traballos presentados no Concurso de vídeo creación con motivo da celebración do  Samaín 2010.

A decisión do xurado publicarase o vindeiro 26 de novembro proximamente.

Visigodos from snlzas on Vimeo.

Cando o Samaín comeza os mortos espertan from snlzas on Vimeo.

A vella from snlzas on Vimeo.

Eu teño medo from snlzas on Vimeo.

A loba from snlzas on Vimeo.

O bosque animado from snlzas on Vimeo.

Galego con curso

Galego con curso é un programa de V Televisión que se centra no desenvolvemento de aulas de lingua galega.

É un programa que pretende ser máis que un espazo de iniciación á lingua galega e se asemella a un reality show no que o público se interesará polo idioma dunha forma nova: a partir dos comportamentos e da interacción que xurdan e se provoquen entre a protagonista do programa (unha profesora) e os seus alumnos, así como eles entre si.

VTelevisión: de luns a venres as 20:05 h

Galego con curso

Listaxes de persoas admitidas e excluídas para as probas de Celga do mes de novembro

Celga 2

Persoas admitidas para participar nas probas de Celga 2 en Santiago de Compostela

Persoas admitidas para participar nas probas de Celga 2 na Coruña

Persoas excluídas para as probas de Celga 2 na Coruña

Celga 4

Persoas admitidas para participar nas probas de Celga 4 en Santiago de Compostela

Persoas excluídas para as probas de Celga 4 en Santiago de Compostela

Persoas admitidas para participar nas probas de Celga 4 na Coruña

*


Lugares e horarios de desenvolvemento das probas de Celga 2

Lugares e horarios de desenvolvemento das probas de Celga 4

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes