Cursos Celga nas comarcas da Terra de Soneira e Bergantiños

Logo de organizaren de maneira conxunta o IV Encontro de normalización lingüística desde as administracións locais da Coruña e a distribución das cartas para os Reis Magos (en colaboración coa Deputación da Coruña), os Servizos de Normalización Lingüística (SNL) dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas organizarán de maneira conxunta os cursos de preparación para as probas dos Celga durante o ano 2011.

Os cursos que pretenden organizar son os seguintes:

Celga 2 – Carballo
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 17.30 h a 19.30 h
Lugar Pazo da Cultura de Carballo
Celga 3 – Cabana de Bergantiños
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario Sen confirmar
Lugar Sen confirmar
Celga 3 – Malpica de Bergantiños
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 19.00 h a 21.00 h
Lugar Centro Cívico de Malpica
Celga 4 – Carballo
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 19.30 h a 21.30 h
Lugar Pazo da Cultura de Carballo
Celga 4 – Ponteceso
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 20.00 h a 22.00 h
Lugar Casa do Concello de Ponteceso
Celga 4 – Zas
Comezo 4 de abril
Remate 15 de xuño
Días De luns a xoves
Horario De 20.30 h a 22.30 h
Lugar

O prazo de inscrición será do 1 ao 23 de febreiro.

As persoas interesadas poden inscribirse para calquera dos cursos nos SNL dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso ou Zas.

Para inscribirse deberán cubrir unha solicitude que se lle facilitará nos SNL.

Os cursos son gratuítos e debe haber un mínimo de 20 persoas anotadas para que se poidan solicitar.

O seu desenvolvemento está condicionado á concesión da organización por parte da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

Folla de inscrición

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e de preparación para as probas Celga


Mediante a orde do 29 de decembro de 2010(DOG de 14/01/2011), a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca cursos de linguaxe administrativa e de preparación para as probas  Celga.

Os ditos cursos desenvolveranse nas escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma.

Cursos de linguaxe administrativa galega

Persoas destinatarias:

Persoal das diferentes administracións públicas de Galicia que se encontre en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Exceptúase o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.

Persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes necesarios para a matrícula nestes cursos. As  súas solicitudes só serán tidas en conta no caso de que non se cubran as prazas ofertadas para cada curso por empregados/as públicos/as.

Certificados ou acreditacións necesarias para a inscrición:

O alumnado que aspire a participar no curso medio de linguaxe administrativa engadiralle ao modelo de solicitude unha copia compulsada da certificación que acredite que ten superado ou validado o curso básico de linguaxe administrativa galega, de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de lingua galega 4 (Celga 4).

O alumnado que aspire a participar no curso superior de linguaxe administrativa engadiralle ao modelo de solicitude unha copia compulsada da certificación que acredite que ten superado ou validado o curso medio de linguaxe administrativa galega.

Solicitude e prazos:

As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38º.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso, remitirase unha copia da solicitude de matrícula e a documentación requirida por fax ou correo electrónico á escola oficial de idiomas correspondente, sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección.

Os prazos para a presentación das solicitudes serán os seguintes:

-Para a quenda de febreiro/marzo: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

-Para a quenda de outubro: do 1 ao 20 de setembro de 2011.

Deberase utilizar para a solicitude o modelo de instancia que vai como anexo a orde. (PDF)

Datas,  horarios e lugares de desnevolvemento dos cursos:

Datas,  horarios e lugares de desenvolvemento dos cursos de linguaxe administrativa galega(PDF)

Cursos de preparación para as probas Celga

Persoas destinatarias:

Persoas maiores de dezaseis anos, ou aqueles que os cumpran no ano natural da convocatoria.

Certificados ou acreditacións necesarias para a inscrición:

Non existen

Solicitude e prazos:

As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso a partir do día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38º.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso remitirase unha copia da solicitude de matrícula e a documentación requirida por fax ou correo electrónico á escola oficial de idiomas correspondente, sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección.

Deberase utilizar para a solicitude o modelo de instancia que vai como anexo a orde. (PDF)

Datas, horarios e lugares de desenvolvemento dos cursos:

Datas, horarios e lugares de desenvolvemento dos cursos de preparación para as probas Celga (PDF)


Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican. (PDF)




SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes