Cursos presenciais e en liña de linguaxe administrativa para persoal da Administración autonómica

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), publica no DOG do 10 de febreiro a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa para persoal da Administración autonómica, exceptuando o profesorado da Consellería de Educación e o persoal sanitario da Consellería de Sanidade.
CURSOS

Linguaxe administrativa nivel medio
-13 edicións na modalidade de teleformación
-4 edicións presenciais, en Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela

Lingua administrativa nivel superior
-16 edicións presenciais, na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela

SOLICITUDE

prazo de solicitude está aberto até o 22 de febreiro e debe facerse na zona de matrícula do web da EGAP.

Convocatoria (PDF)

Vía CTNL

Resolución do xurado do Concurso de vídeo creación

Despois de ver os traballos presentados os membros do xurado votaron as persoas gañadoras tendo en conta a adecuación ao tema solicitado, a orixinalidade dos contidos e a claridade expositiva e lingüística.

O resultado da votación deu como traballo gañador ao seguinte:

TÍTULO:EU TEÑO MEDO

AUTORÍA:MARIÑA FUENTES CAAMAÑO, PILAR VARELA TAIBO e MARÍA SACEDÓN CUNDÍNS

CENTRO DE ENSINO: IES Maximino Romero Lema (Baio)

PREMIO:

O premio consiste nun vale de 150€ para gastar en calquera libraría do concello.

O vale debe gastarse nun mesmo establecemento e nunha soa compra.

As gañadoras deben comunicarlle ao SNL do Concello de Zas o establecemento no que deciden gastar o vale antes de efectuar as compras.

Eu teño medo from snlzas on Vimeo.

Acta do xurado

Vídeos presentados ao concurso

Xa nos tes aquí. Catequese e liturxia en lingua galega

O coro parroquial de Mondariz presenta o sitio web Xa nos tes aquí, que é o froito de cinco anos de traballo compilando música e recursos en lingua galega de utilidade para as celebracións relixiosas e mais a catequese.
Tanto o sitio web, coma o blog co mesmo nome, están especialmente dirixidos aos coros, parroquias, colexios e colectivos relixiosos que desexen desenvolver a súa actividade en galego. 

Xa nos tes aquí. Recursos para a catequese e liturxia en lingua galega


Representación da obra Sr. Mundo, dígame?

Ao abeiro do programa Bocaberta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, desenvolveuse no concello de Zas a representación da obra Sr. Mundo, dígame?.

58 rapaces e rapazas de primeiro e segundo de primaria do CPI de Zas e do Labarta Pose de Baio gozaron da representación da obra Sr. Mundo, dígame? de Factoría Teatro.
A obra está creada a partir de dous poemas de Paula Carballeira. Son 50 minutos dun recital que combina a poesía sonora coa poesía visual.

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes