A Mesa gaña o II Premio Rosalía de Castro de lingua

Membros do xurado do II Premio Rosalía de Castro de lingua

A Mesa pola Normalización Lingüística é a entidade gañadora da II edición do premio Rosalía de Castro de Lingua, convocado pola Deputación da Coruña.

A concesión do galardón foi feita pública esta mañá durante unha rolda de prensa que contou coa asistencia do deputado responsable da área de Benestar Social, Políticas de Igualdade de Xénero e Normalización Lingüística, Xoán Manuel Sande Muñiz e dos membros do xurado, presidido por Salvador Fernández Moreda, e integrado por Manuel Rico Verea, da secretaría xeral de Política Lingüística; Xosé Manuel Sánchez Rei, da Asociación Cultural Alexandre Bóveda; Manuel Núñez Singala, da Universidade de Santiago; Marcos Mosquera, do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, e Pilar García Negro, da Universidade da Coruña.

Segundo explicou Sande Muñiz, trátase dun premio de carácter honorífico, pois non conta con dotación económica, e recaeu na Mesa pola Normalización Lingüística “pola súa traxectoria de 25 anos a prol da normalización da lingua galega en moitos ámbitos sociais e públicos e como impulsora continuada da legalidade derivada da Lei 2/19983 de normalización lingüística de doutras leis autonómicas e do Estado”.

Carlos Callón, Presidente d’A Mesa pola Normalización Lingüística

O deputado provincial anunciou que o acto formal de entrega do galardón terá lugar o vindeiro 7 de maio, durante a IV edición da Festa da Lingua que este ano se celebra en Carballo, e que contará coas actuacións de Marful e Berrobambán.

Pola súa banda, o voceiro do xurado, Manuel Núñez Singala, destacou a “dilatada traxectoria” da Mesa, “que é a maior entidade galega por número de socios” e que nos seus 25 anos de traxectoria “apenas foi premiada en Galicia, aínda que recibiu múltiples recoñecementos no exterior”.

A Mesa pola Normalización Lingüística impúxose a outras sete candidaturas, “todas elas merecedoras do premio”, segundo manifestou o voceiro do xurado.

Parabéns.

A Mesa pola Normalización Lingüística

IV Festa da Lingua

IV Festa da Lingua

Un ano máis a Deputación da Coruña organiza a Festa da Lingua.

Este ano colaboran na organización os SNL dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas.

A festa será o día 7 de maio as 21:00 horas no Pazo da Cultura de Carballo.

O acto estará presentado por Yolanda Castaño e nel actuarán Berrobambám e Marful.

Leranse dous manifestos redactados por Xurxo Borrazás e por Yolanda Castaño e entregaranse os premios Rosalía de Castro de lingua galega, convocado pola Deputación da Coruña,  e de artigos xornalísticos normalizadores,  convocado polo Concello de Carballo.

As entradas serán de balde pero é preciso reservalas no teléfono 981 704 304 entre o 2 e o 6 maio.

Información en Quepasanacosta.com

Información na web do Concello de Carballo

As túas presentacións con xeito

O SNL da USC, a través da Área de asesoramento dache as liñas mestras para crear presentacións dixitais eficientes de de calidade.

Parabéns

Presentacións eficientes de calidade (SNL da USC)

Cursos de linguaxe administrativa para persoal da Administración local de Galicia

No DOG do día 6 de abril publícase a convatoria de cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración local de Galicia.

Os cursos de nivel medio impartiránse mediante a modalidade de teleformación e os de nivel superior mediante a modalidade presencial.

Para matricularse no curso de nivel´medioé necesario ter validado ou superado o curso de nivel básico de linguaxe administrativa galega, o curso de perfeccionamento de lingua galega ou o Celga 4.

Para matricularse no nivel superior é preciso ter superado ou validado o nivel medio do curso de linguaxe administrativa galega.

A matrícula deberase cubir dende a páxina web da Egap (www.egap.xunta.es).

O prazo de presentación de solicitudes remata o día 13 de abril.

Cursos, datas e horarios

Curso de linguaxe administrativa galega de nivel medio

TF 5 setembro-11 novembro Teleformación 75

TF 5 setembro-11 novembro Teleformación 75

TF 5 setembro-11 novembro Teleformación 75

TF 5 setembro-11 novembro Teleformación 75

TF 5 setembro-11 novembro Teleformación 75

Curso de linguaxe administrativa galega de nivel superior

A Coruña 25 abril-17 xuño 17.00-19.00 75

Santiago 25 abril-17 xuño 17.00-19.00 75

Ourense 15 setembro-10 novembro 17.00-19.00 75

Vigo 15 setembro-10 novembro 17.00-19.00 75

Santiago de Compostela 25 abril-20 xuño 17.00-19.00 75

Resolución do 30 de marzo de 2011 pola que se convocan en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal da Administración Local de Galicia

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes