Plan de formación 2011 da Deputación da Coruña

A Deputación da Coruña oferta no seu plan de formación os seguintes cursos relacionados coa lingua:

Lingua estranxeira en liña

Comunicación en lingua de signos española. Nivel inicial A2. En liña

Elaboración de documentos administrativos (Galego)

Linguaxe administrativa galega. Nivel superior

Os cursos pódense solicitar até o 15 de xuño de 2011

Formación 2011. Deputación da Coruña

Táboa resumo dos cursos (PDF)

Solicitude de asistencia a accións formativas para persoal dos concellos (PDF)

Solicitude de asistencia a accións formativas para persoal da Deputación (PDF)

Listaxe de persoas admitidas e excluídas nas probas de Celga 4 e Celga 2 do 18 e 19 de xuño

A SXPL xa publicou as listaxes de persoas admitidas e excluídas nas probas de Celga 4 e Celga 3 que se desenvolverán os vindeiros días 18 e 19 de xuño respectivamente.

Listaxe de persoas admitidas e excluídas nas probas Celga. Convocatoria de xuño de 2011

Galegobook. Un novo e necesario recurso

Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, sociolingüística, manuais, terminoloxía…).

Para facilitar a procura de material, no Galegobook acharás un grande número de manuais clasificados segundo a autoría e a materia que trata. Ademais, ao final de cada entrada, as persoas usuarias poderán engadir os seus comentarios para o compartiren co resto de lectores.

Ao mesmo tempo, tentarán publicar os artigos máis salientábeis que, sobre o galego, aparezan na prensa tradicional e nos novos medios.

Galegobook

Universo Pereiro en Culturagalega.org

Durante os últimos meses en Culturagalega.org dedicaron unha atención especial a figura do homenaxeado co gallo das Letras Galegas este ano, Lois Pereiro.

Neste especial achéganse a súa biografía, a súa relación coa música (influencia da música na súa obra, versións, poemas musicados…) e ofrécennos un dossier no que se recollen estudos e materiais audiovisuais relacionados co autor monfortino.

Culturagalega.org | Universo Pereiro

Dossier Lois Pereiro

Os meus favoritos. Guía para difundir o uso da lingua galega en Internet


Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus servizos de normalización lingüística, difunden unha guía con preto de 200 sitios web en galego de distintas temáticas.
Os 8.000 exemplares da guía difúndense en centros de ensino, asociacións, espazos municipais, etc.
Con Os meus favoritos preténdese contribuír á difusión da información en lingua galega, ao mesmo tempo que da música, do deporte, da creación artística… Tamén ao uso en galego dos sistemas operativos, paquetes ofimáticos, navegadores ou redes sociais como Facebook ou Tuenti.

Os concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, a través dos seus servizos de normalización lingüística, acaban de editar a guía Os meus favoritos, un catálogo que recolle preto de 200 enderezos de sitios web en galego de ámbitos tan diversos como a banda deseñada, o deporte, o audiovisual, a información cultural, a mocidade, as redes sociais, os xogos, etc.

De Os meus favoritos editáronse entre os catro concellos 8.000 exemplares en papel, que serán distribuídos nos centros de ensino, edificios públicos, aulas de informática, asociacións, etc. Ademais, todas as persoas interesadas poden solicitalo no Servizo de Normalización Lingüística (SNL) dos catro concellos que impulsan a iniciativa. Ademais, a guía tamén se difundirá en formato dixital a través de webs e correo electrónico.

Os obxectivos desta iniciativa son facilitar o descubrimento e o coñecemento do ciberespazo en galego, vencellar a lingua galega con novos e modernos espazos de uso, concretamente na rede e nas novas tecnoloxías, e contribuír á difusión da información de todo tipo na nosa lingua.

O 17 de maio é o Día… de Internet

Desde o ano 1963 celebramos e reivindicamos o 17 de maio, Día das Letras Galegas, a nosa lingua e as nosas letras pero, a partir de 2006, ese mesmo día celebramos, ademais, o Día de Internet. Todo isto fai que o 17 de maio sexa unha xornada de celebración e reivindicación simultánea que se converte nunha moi boa ocasión para intensificar a relación imprescindible entre a lingua e a rede.

Do Facebook e o Tuenti en galego a xogos en liña
A guía Os meus favoritos recolle enderezos de sitios web en galego de todo tipo, desde páxinas para comprar orixinais camisolas, até sitios para escoitar a música galega emerxente, para consultar información cultural ou deportiva ou para xogar en rede ao Trivial ou ao Catapalabras. Tamén recolle información sobre como configurar en galego os sistemas operativos, paquetes ofimáticos ou navegadores máis populares ou como usar en galego o Facebook ou o Tuenti.

O galego precisa de internet e internet precisa do galego!!

Os meus favoritos. Guía de enderezos de Internet (PDF)


Programación Letras Galegas 2011

III Concurso de Marcapáxinas
A Biblioteca Municipal, con motivo da celebración das Letras Galegas, convoca este concurso no que poden participar todos os alumnos dos centros de ensino do Concello así como os adultos. Establécense 3 categorías (benxamín, infantil, xuvenil)
10 de Maio
Sesión de Contacontos, a cargo da Compañía do Trinke Trinke
Biblioteca Municipal (18.15 h)
14 de Maio
Entrega de Premios do III Concurso de Marcapáxinas
Centro socio-Cultural ás 18.30h
Foliada Tradicional coa participación do grupo Churía da
A.C. Castro Meda
18 de Maio
A Locamotora Teatro: O tenderete da cachifallada
-11.00h.- Auditorio do Concello
-15.00h.-Auditorio de Baio
20 de Maio
Teatrovador: Hamelin BomBom
-11.00h.- Auditorio do concello
-15.00h.- Auditorio de Baio
24 de Maio
Sesión de Contacontos, a cargo da Compañía do Trinke Trinke
Biblioteca Municipal (18.15 h)

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes