Refraneiro galego

Refraneiro galego e unha web que mostra refráns en lingua galega e unha aplicación para iOS (iPhone, iPad, iPod).

Conta cunha base de datos de case 10.000 refráns diferentes reunidos nunha única base de datos accesible desde calquera lugar do mundo.

A aplicación para iOS permite buscar e arquivar os  refráns favoritos e compartilos na rede por Facebook, Twitter ou correo electrónico. Tamén ten un servizo de alertas que permite descubrir un refrán diferente cada día ou cada semana sen ter que abrir a aplicación

Refraneiro galego

Dicionario de pronuncia da lingua galega

O Dicionario de pronuncia da lingua galega, do profesor Xosé Luís Regueira, foi publicado pola Real Academia Galega en 2010 no marco dun proxecto desenvolvido polo Instituto da Lingua Galega, coa colaboración da Secretaría xeral de política lingüística. Ademais da transcrición fonética que ofrece a edición impresa, a versión electrónica permite escoitar a locución do léxico. Trátase dun total 60.000 pronuncias na súa variedade estándar, que foron gravadas coa colaboración da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG).

O dicionario en liña, accesible no sitio web http://ilg.usc.es/pronuncia, ten como obxectivos prioritarios, por unha banda, facilitarlles a aprendizaxe ás persoas que estudan galego e, por outra, ofrecerlles un modelo oral de referencia e de consulta aos profesionais que traballan coa lingua falada, como é o caso de xornalistas, dobradores, profesorado etc.

Para isto, conta cun buscador.As buscas poden efectuarse por forma de palabra ou utilizando os comodíns * e ? para representar unha cadea de caracteres ou un caracter, respectivamente. A pantalla co resultado contén as palabras que coinciden coa busca, a información gramatical e o botón do reprodutor de son que permite oír a pronuncia. Picando en cada unha das palabras accédese á ficha completa, que contén a forma de palabra, información da clase gramatical, pronuncia ou pronuncias alternativas, a forma feminina (no seu caso), e remisión a variantes, así como, en certos casos, notas con información adicional sobre a palabra.

Inditex dille si ao galego

As recen estreadas tendas on-line das marcas Bershka, Stradivarius, Pull&Bear e Zara permiten que fagamos as compras en galego.

Os portais de Bershka e Pull&Bear tamén permiten que fagamos as compras en euskera e catalán.

Bershka

Stradivarius

Pull & Bear

Zara

Parabéns.

Catalogo Ikea 2012

Por segundo ano, a edición dixital do catálogo de Ikea volve a estar en galego.

Parabéns

Catálogo Ikea 2012 en galego

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes