2º aniversario do Blog

Este blog cumpre o día 23 de novembro dous anos.

Estas son as estatísticas deste periodo:

Artigos publicados: 105

Artigos publicados por categorías

Artigos publicados por anos

Vistantes: 4025 (22/11/2011_13:00)

Visitantes por anos:

E saímos unhas cuantas veces noutros medios.

Blog do SNL do Concello de Zas en Google

Conxugalego


Conxugalego é unha aplicación para móbiles Android que permite conxugar automaticamente calquera verbo en galego.

Conxugalego no Android Market

A lingua sabe a pan

A lingua sabe a pan é un video realizado polo  CPI Virxe da Saleta de Cea.

Todo un exemplo de boas prácticas para os EDL dos centros de ensino.

Parabéns.

A lingua sabe a pan

CPI Virxe da Saleta (Cea)

Cantigas medievais galego-portuguesas

Nesta base de datos podemos atopar a totalidade das cantigas galego-portuguesas, as imaxes dos códices e a música.

Tamén información acerca dos autores e das persoanaxes e dos lugares aos que se fai referencia nas cantigas.

Este é un proxecto incluído no Littera, edição, atualização e preservação do património literário medieval português, financiado  pola Fundação para a Ciência e Tecnologia.

Cantigas medievais galego-portuguesas

Cilenis Conxugador. Conxugador verbal en liña

O CilenisConxugador, unha nova ferramenta lingüística en liña, permite conxugar de maneira fiábel calquera verbo da lingua galega, incluso neoxolismos como twittear ou calquera outro aínda que non veña nos dicionarios.

Cal é a terceira persoa do plural do pretérito pluscuamperfecto do verbo haber? Como se conxuga o futuro dun verbo que aínda non recollen os dicionarios, como tuitear? A resposta xa está na rede. Cilenis vén de lanzar a máis completa ferramenta en liña para conxugar verbos de maneira automática: o CilenisConxugador. É un dos primeiros produtos desta novísima empresa galega, centrada en ofrecer solucións innovadoras nos ámbitos do procesamento da linguaxe natural e a enxeñería lingüística.

O CilenisConxugador (http://conxugador.cilenis.com/) é a aplicación máis completa, fiábel e versátil existente para conxugar de maneira automática calquera verbo en lingua galega. Permite conxugar os verbos que forman parte do Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega(VOLG) e tamén calquera outro verbo que se nos ocorra: neoloxismos, tecnicismos, localismos, verbos dunha xerga ou incluso inventados.

Este conxugador está baseado no sistema de código aberto conshuga, desenvolvido na Universidade de Santiago de Compostela polo grupo de grupo de investigación ProLNat@GE (Grupo para o Procesamento da Linguaxe Natural), do que procede o equipo de traballo de Cilenis. O resultado é unha ferramenta con importantes aplicacións no ámbito da educación, a comunicación e a empresa.

Tamén en portugués
Conxuntamente coa versión galega, Cilenis desenvolveu un conxugador verbal en portugués, dispoñíbel desde xa para os máis de 240 millóns de falantes desta lingua no mundo. A empresa galega sitúase así en primeira liña na creación de ferramentas lingüísticas on line no ámbito lusófono cunha ferramenta que mellora as existentes ata agora.

O CilenisConjugador (http://conjugador.cilenis.com/) permite consultar verbos nas catro variantes do portugués: portugués europeo e portugués brasileiro, en cada caso antes e despois do acordo ortográfico. Tamén neste caso é posíbel optar por conxugar infinitivos presentes nos léxicos portugueses e brasileiros ou facelo con calquera verbo, incluso inventado.

Abrindo camiño no campo da enxeñería lingüística
O conxugador é un dos primeiros produtos que lanza Cilenis, nacida en maio deste ano. Trátase dunha empresa spin-off creada por membros do grupo de investigación ProLNat@GE da USC. Cilenis ofrece produtos e solucións avanzadas nos campos do procesamento da linguaxe natural e a enxeñería lingüística.

Cilenis traballa no desenvolvemento tecnolóxico aplicado aos recursos lingüísticos, para desenvolver ferramentas en galego, portugués, castelán, inglés e francés. É un ámbito de mercado que aínda non fora explorado en Galicia e con importantes perspectivas de futuro. Por iso foi premiado en xuño deste ano co primeiro premio XI Concurso de Proxectos Empresariais Innovadores da Universidade de Santiago.

Vía CTNL

III edición do concurso Ângelo Casal

Galicola, proxecto comercial destinado a acadar recursos económicos para a normalización da lingua galega, convoca a terceira edición do Concurso Ângelo Casal, deseñado para premiar aqueles proxectos normalizadores que resulten máis votados polos consumidores de Galicola.
As candidaturas deben enviarse a info@galicola.org antes do 31 de decembro de 2011. O 31 de xaneiro de 2012 farase pública a listaxe dos proxectos seleccionados e os consumidores de Galicola terán de prazo ata o 1 de maio para enviar as etiquetas do refresco cos seus votos. O proxecto gañador darase a coñecer o 17 de maio, Día das Letras Galegas.
Pode consultar as bases do concurso no propio web da Galicola.

4 de novembro. Día da ciencia en galego

Hoxe, 4 de novembro celébrase o Día da ciencia en galego.

A Universidade da Coruña está a desenvolver a campaña En galego tamén se fai ciencia.

Nela, distintas/os científicas/os de recoñecio prestixio contestan a algunhas preguntas relacionadas coa utilización da lingua galega no seu ámbito laboral.

Web da SXPL para conmemorar o Día da Ciencia en Galego

Resolución do xurado do Concurso de murais. Samaín 2011

Estes son os murais gañadores do concurso:

Categoría 1. Aulas de infantil
Mural presentado pola aula de infantil de 4 anos do CPI de Zas

Alumnado de infantil do CPI de Zas diante dos seus murais

Categoría 2. Aulas de 1º e 2º de primaria

Mural presentado pola aula de 2º de primaria do CEIP Labarta Pose

Alumnado de 2º de primaria do CEIP Labarta Pose diante do seu mural

Categoría 3. Alumnado de 3º e 4º de primaria

Mural presentado pola aula de 4º de primaria do CPI de Zas

Categoría 4. Aulas de 5º e 6º de primaria

Empate entre os murais presentados pola aula de 6º de primaria do CPI de Zas e pola aula de 6º de primaria do CEIP Labarta Pose

Mural presentado pola aula de 6º de primaria do CPI de Zas

Mural presentado pola aula de 6º de primaria do CEIP Labarta Pose

Categoría 6. Alumnado de 3º e 4º de secundaria

Mural presentado polo alumnado do IES Maximino Romero Lema

Alumnado do IES Maximino Romero Lema traballando no mural

Alumnado do IES Maximino Romero Lema que participou na elaboración do mural

Os premios consistirán en vales de compra para gastar en librarías do concello.

Resolucion do_xurado_(PDF)

Convocatoria do concurso de murais, Samaín 2011

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes