Que pasa na costa e outros medios presentan a campaña Vitaminas para o galego

Varios medios de comunicación de Galicia, entre os que se atopa o diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta, vimos de presentar na Feira Terr@ctiva de Arzúa a Campaña“Vitaminas para o Galego”. Polo de pronto son outros 9 medios os implicados pero de seguro que durante as vindeiras datas son máis os medios que se unen.
Galicia ConfidencialTempos Novos,RadiofusiónPraza PúblicaNovas da GalizaVal Miñor.info e Quepasanacosta, son os medios organizadores da campaña, na que tamén colaboran os medios comarcais Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras e Crónica3da Mariña Lucense impulsan esta campaña.

“Vitaminas para o Galego” é unha nova iniciativa, como dicimos, dos medios de comunicación en lingua galega, que pretende reivindicar a necesidade de medios na nosa lingua, visibilizar o noso traballo, e servir de autofinanciamento para todas as pequenas empresas que formamos o medios, ca clara intención de loitar pola supervivencia dos medios na lingua do país, así como impulsar o nacemento de novas cabeceiras.

É esta a primeira vez que se xuntan estes medios para comezar unha campaña que durará, cando menos ata as Letras Galegas, que incluirá unha axenda de eventos lúdicos (concertos, relatorios, etc.), así como asociacións e colectivos sociais comprometidos coa terra.
A campaña botaba a andar esta fin de semana cunha presentación pública na feiraTerr@ctiva en Arzúa, na que houbo máis participación costeira como a da Cooperativa de Agricultura Raíña Lupa de Quilmas e a Asociación Monte Pindo Parque Natural. A feira demostrou que hai calidade, arte e compromiso no país, e ademais dos stands non faltaron actuacións como a dos 7 magníficos + 1 que fixeron rir a todos os asistentes.

“O galego precisan vitaminas”

“O idioma galego precisa de axudas, de vitaminas” afirmaron o sábado en Arzúa na presentación os promotores da campaña “Vitaminas para o galego”. Indicaron que “se se quere garantir a transmisión interxeracional da lingua, é necesario contar con medios de comunicación que empreguen o idioma propio, para difundilo, prestixialo e convertilo en lingua de uso tamén nos núcleos urbanos”.

Pedro Telmo (Director de valmiñor.info) salientou que “existe público e demanda de información local en galego” para xustificar a súa participación nesta iniciativa.
Marcos Pérez (Praza Pública, medio a nivel galego aínda en fase de creación) incidiu na necesidade de buscar alternativas de financiamento para este tipo de medios e destacou “a importancia da implicación da cidadanía para a súa vitalidade”.
Henrique Sanfiz (Radiofusión) sinalou que “a cultura non debe ser un fin en sí mesmo e pescudamos unha cultura vocacionada para a felicidade, unha cultura e unha lingua que sirva para explicar o mundo que vivimos e dar sentido á nosa existencia”.

Os xornalistas suliñaron a importancia da cultura e da lingua galega “como áncoras que nos enlazan co territorio máis próximo, sen que iso limite a realización de viaxes por outras culturas e outros eidos do coñecemento”.

 

Fonte: Quepasanacosta.com

Cartas para os Reis Magos

Por segundo ano consecutivo os servizos de normalización lingüística dos concellos de Carballo, Malpica de Bergantiños, Ponteceso e Zas, colaboran coas súas maxestades de Oriente no reparto das cartas.

Os SNL ocuparanse de repartir nos centros de ensino dos seus concellos os modelos de cartas que lles fixeron chegar os Reis Magos.

Nesta ocasión a cantidade de cartas repartidas anda ao redor das 3.000.

Son modelos de cartas en lingua galega e nas mesmas tamén se fai referencia a figura tradicional do Nadal galego, o Apalpador.

Esta actividade encádrase nas actividades de dinamización lingüística que dende o ano 2010 organizan de maneira conxunta os SNL dos ditos concellos.

Carta aos Reis Magos (PDF) 

Actividades de Nadal en Baio e Zas

 

 

 

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes