100 anos das Irmandades da Fala

Foi tamén nun mes de maio, pero de hai xa 100 anos, concretamete un 18 de maio de 1916, cando un grupo de galegos convocados polo xornalista Antón Vilar Ponte daba lugar na Coruña, nunha casa da rúa Rego de Auga, ás Irmandades da Fala.

Irmandades da Fala
As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación e cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase na Coruña, pero séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago..). Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra. A_Nosa_Terra,_1916Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Rísco, Ramón Cabanillas, etc.

Comeza a funcionar o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Zas

Dende hoxe, véspera do día das Letras Galegas, xa está aberto o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) no Concello de Zas e comezamos con este poema de Manuel María ao noso idioma:

A FALA
O idioma é a chave
coa que abrimos o mundo:
o salouco máis feble,
o pensar máis profundo.
O idioma é a vida,
o coitelo da dor,
o murmurio do vento,
a palabra de amor.
(…)
O idioma é a forza
que nos xungue e sostén.
Se perdemos a fala
non seremos ninguén!
(…)
Renunciar ao idioma
é ser mudo e morrer.
Precisamos a lingua
se queremos vencer!Manuel María

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes