Nova convocatoria para solicitar os cursos Celga e os de linguaxe administrativa nas Escolas Oficiais de Idiomas galegas

Ábrese o prazo este vindeiro luns, día 12 de decembro, para solicitar os cursos gratuítos de linguaxe administrativa galega (nivel medio e superior), tanto presencial como en liña, e os cursos preparatorios para as probas de obtención dos certificados en lingua galega (Celga) que convoca a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Persoas destinatarias:

Os cursos de linguaxe administrativa van dirixidos ao persoal das Administracións públicas galegas, agás os e as docentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario.

Tamén se poderán anotar as persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as, sempre e cando queden prazas vacantes.

Os Celga poderán solicitalos as persoas maiores de dezaseis anos, ou que os fagan antes de finais deste ano.

Solicitudes e prazos de matrícula:

Lugar de inscrición:

As solicitudes presentaranse na secretaría da Escola Oficial de Idiomas onde se imparta o curso, sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal/

O prazo de presentación vai desde o 12 de decembro de 2016 ata o 2 de xaneiro de 2017 para os cursos da quenda de  febreiro/maio.

Para calquera dúbida coa convocatoria ou coa inscrición, podedes dirixirvos ao Servizo de Normalización Lingüística na Casa do Concello ou no teléfono 981 708 303.

Máis información:  http://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160819/AnuncioG0164-090816-0005_gl.html

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes