31 DE OUTUBRO, SAMAÍN

O Samaín é unha das festividades de orixe celta máis importantes do período pagán que dominou Europa hasta a conversión o cristianismo. Nesta festividade celebrábase o final da tempada de colleitas dos celtas e o ano novo, que sería ó anoitecer do día 31 de outubro, xa que coa posta do sol arrincaba un novo día na cultura celta. Os celtas dividían o ano en dúas metades: a luminosa e a escura; o inverno e o verán. samhain é traducido por novembro en gaélico ou «fin do verán», e celébrase dende hai máis de tres mil anos polos celtas que poboaron Europa.

O Samaín era un momento no que as fronteiras entre o mundo dos vivos e o dos mortos estaban máis preto, podían comunicarse e visitar os seus antigos fogares. Algunhas crenzas aseguran que os mortos volvían a visitar os familiares vivos, comer e quentarse co lume das lareiras, polo que era costume deixar comida e bebida na mesa, e o lume da lareira aceso toda a noite. E para guiar os mortos ata os seus fogares na escuridade da noite, acendíanse fogueiras e caveiras de inimigos mortos.
Pero hai quen cre que esas caveiras se acendían para espantar as perigosas ánimas defuntas e errantes que
volvían para saldar algunha conta pendente.
As caveiras foron substituídas posteriormente por nabos de gran tamaño e cabazas que se baleiraban e pintaban para que representasen caras, e ás que se lles metía dentro unha candea. Así xurdiu a tradición das cabazas de Samaín.

Os Bolechas. De Chispa a Tatá, imos de Moraña a Zas

 

Día: 28 de outubro
Hora: 18:30 horas
Lugar: Centro Sociocultural de Baio
Organiza: Concello de Zas

Tatá, Sonia, Braulio, Loli, Pili e Carlos están facendo o Camiño de Santiago e paran na pensión de Eustaquio acompañados do seu can Chispa. Eustaquio acepta darlles aloxamento a cambio de que xoguen con el a un peculiar xogo da oca que os obrigará a superar, coa axuda e participación do público, diferentes probas de habilidade física e de coñecementos culturais sobre Galicia adaptados a rapaces de 4 a 10 anos. Cultura, xeografía, gastronomía, tradicións… todo terá cabida nesta divertida iniciativa para que os nenos e nenas aprendan e se divirtan en galego, a lingua que sempre falan Os Bolechas.

Durante a actividade, o público coñecerá unha palabra máxica que lle permitirá acceder ao web dos Bolechas para seguir xogando e conseguir lotes dos seus libros.

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes