Galego con curso

Galego con curso é un programa de V Televisión que se centra no desenvolvemento de aulas de lingua galega.

É un programa que pretende ser máis que un espazo de iniciación á lingua galega e se asemella a un reality show no que o público se interesará polo idioma dunha forma nova: a partir dos comportamentos e da interacción que xurdan e se provoquen entre a protagonista do programa (unha profesora) e os seus alumnos, así como eles entre si.

VTelevisión: de luns a venres as 20:05 h

Galego con curso

Listaxes de persoas admitidas e excluídas para as probas de Celga do mes de novembro

Celga 2

Persoas admitidas para participar nas probas de Celga 2 en Santiago de Compostela

Persoas admitidas para participar nas probas de Celga 2 na Coruña

Persoas excluídas para as probas de Celga 2 na Coruña

Celga 4

Persoas admitidas para participar nas probas de Celga 4 en Santiago de Compostela

Persoas excluídas para as probas de Celga 4 en Santiago de Compostela

Persoas admitidas para participar nas probas de Celga 4 na Coruña

*


Lugares e horarios de desenvolvemento das probas de Celga 2

Lugares e horarios de desenvolvemento das probas de Celga 4

Presentación das experiencias de colaboración en materia lingüística co tecido asociativo do Concello de Zas

Onte participamos no IV Encontro de política lingüística para as administracións locais da Coruña para explicar as experiencias de colaboración entre o Servizo de Normalización Lingüística e o tecido asociativo do Concello.
Esta foi a presentación que utilizamos.

O Concello de Zas fomenta o uso do galego no tecido asociativo

O Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística (SNL) asinou uns convenios con distintas asociacións culturais e deportivas do municipio co fin de normalizar o uso da lingua galega no tecido asociativo.

As asociacións asinantes comprométense a utilizar a lingua galega nas súas actividades cotiáns, nas actas, convocatorias, ordes do día e demais documentación interna, nas programacións, anuncios de actividades, etc., e a difundir entre os seus asociados e asociadas as actividades relacionadas coa lingua galega que organice o Concello de Zas.

O Concello de Zas, pola súa banda, comprométese a asesorar en materia lingüística a asociación, a elaborar un estudo sobre as súas necesidades lingüísticas e a fornecer as entidades dos materiais necesarios para que desenvolvan as súas actividades en lingua galega.

De momento asinaron o dito convenio a ANPA e amigos do colexio público de Baio, a asociación “Equus” amigos do cabalo, a asociación veciñal A Fonte de Fornelos, a asociación de mulleres rurais “Saaz”, a asociación cultural-teatral Badius, a asociación de pesca deportiva Río-Mar, a ANPA da Galescola de Zas, a asociación deportiva Su a agra, a asociación de baile tradicional Churía, a AMC Xan Mella, a asociación cultural Castro Meda e o Sporting Zas, que contan, en conxunto, con máis de 2.000 socios e socias e estano estudando as directivas doutras asociacións do municipio.

Esta experiencia será presentada o vindeiro mércores 20 de outubro no marco do IV Encontro de política lingüística para as administracións locais da Coruña que se desenvolverá en Carballo.

Web da CTNL

Quepasanacosta.com

Cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal dos servizos integrados de protección civil e emerxencias

No Dog do día 16 de setembro convócanse cursos de linguaxe administrativa galega destinados ao persoal dos servizos integrados de protección civil e emerxencias.

Prazo: 15 días naturais a partir da publicación do anuncio

Podes descargar o formulario de solicitude  desta páxina.

Resolución do 13 de setembro de 2010 pola que se convocan, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal dos servizos do sistema integrado de protección civil e emerxencias.

Curso de Celga 1 en liña

A SXPL presentou o primeiro curso en liña para a preparación das probas de certificación de lingua galega no nivel 1. Trátase do inicio da posta en marcha dun sistema de formación a través dunha plataforma virtual que ten como obxectivo potenciar a aprendizaxe do galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca o primeiro curso Celga 1 en liña orientado á preparación das probas de certificación de lingua galega deste nivel.

O curso está deseñado para ser realizado en trinta horas de aprendizaxe en liña e dispón das máis modernas tecnoloxías para resultar atractivo, ameno e cumprir os obxectivos de acadar o nivel básico de coñecementos de lingua. Distribúese en dez unidades, que constan de tres bloques cada unha. Ademais dos formatos clásicos de preguntas pechadas, para unir parellas ou encher ocos, o curso tamén combina imaxes animadas, textos e locucións, así como a posibilidade de gravación da voz do alumno. Así mesmo, a actividade dispón de fiestras con ligazóns externas nas que o alumnado poida atopar máis información ou explicacións de tipo gramatical relacionadas cos contidos da unidade na que se estea traballando. A avaliación do curso realízase mediante tests.

Os participantes no curso contarán coa supervisión dun titor, e disporán ademais dun menú de uso persoal con acceso ao correo interno da plataforma para a comunicación co titor.

Persoas destinatarias
Esta convocatoria está dirixida a todas as persoas maiores de 16 anos interesadas en preparar a proba do celga 1 e que teñan coñecementos informáticos a nivel usuario.

Datas do curso
Do 4 setembro ao 12 de novembro de 2010

Matrícula
As persoas que desexen participar nestes cursos deberán enviar unha mensaxe electrónica ao enderezo sxpl.formacion@xunta.es. Non serán admisible outra forma de inscrición.

Na mensaxe que envíen indicarán:

* Nome e apelidos
* DNI con letra
* Enderezo electrónico e teléfono de contacto
* Lugar de residencia
* Nivel de estudos

Prazo de matrícula
Do 9 de xuño ao 15 de xullo ambos os dous incluídos.

Criterios de selección
A selección farase por rigorosa orde de matrícula e ata cubrir as 105 persoas que se admitirán nos cursos.

Requisitos técnicos
As persoas solicitantes destes cursos deberán dispor dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

* ordenador con conexión á internet (preferiblemente co navegador Explorer)
* plugin de flash descargado e actualizado (para poder ver as imaxes)
* conta de correo electrónico

Publicación da relación das persoas seleccionadas e convocatoria para a presentación dos cursos
A listaxe de admitidos, cos grupos de cada curso e co titor ou titora encargado de cada un farase pública na páxina web www.xunta.es/linguagalega. Tamén se indicará o lugar e a hora en que as persoas admitidas serán convocadas para presentación e explicación do curso. Antes do comezo do curso o titor ou titora comunicarase por correso electrónico cos alumnos e alumnas admitidos.

O facer este curso non dá dereito a ningún tipo de certificado.

Os cursos son voluntarios, preparatorios da proba do Celga 1 e gratuítos.

Teléfonos de información: 981 957654 – 981 544402 – 981 546835

Máis información

Vía: CTNL

Cursos de formación do Plan de formación 2010 da Deputación da Coruña-

Entre os cursos do Plan de formación agrupado 2010, promovido pola Deputación da Coruña, que comezarán a partir do mes de setembro ofértanse algúns que poden resultarnos interesantes:
CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (NIVEL SUPERIOR). Edición en Ribeira
CURSO DE TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA. Edicións en Narón, na Coruña e na Pobra do Caramiñal
O prazo para anotarse remata o día 16 de xuño
Páxina web de formación da Deputación da Coruña
Impreso de solicitude para o persoal dos concellos, consorcios e mancomunidades


Participantes nos obradoiros de linguaxe non sexista

O SNL do Concello de Zas está desenvolvendo durante o mes de marzo uns obradoiros de linguaxe non sexista.

Os obxectivos principais destes obradoiros son o de procurar a utilización dunha linguaxe cun tratamento igualitario entre homes e mulleres e o de loitar contra os estereotipos lingüísticos sexistas e as expresións androcéntricas na linguaxe.

De momento os obradoiros estanse a desenvolver en Zas e en Fornelos.

Participantes no Obradoiro de linguaxe non sexista de Zas

Imaxe en alta resolución

Participantes no Obradoiro de linguaxe non sexista de Fornelos

Imaxe en alta resolución

Obradorio de linguaxe non sexista

Curso de Actualización da Linguaxe administrativa galega para o persoal das entidades locais da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña ten aberto o prazo para se inscribir nos cursos do Plan de formación agrupado 2010 que comezan antes do verán.

Entre os cursos convocados está un de Actualización da Linguaxe administrativa galega.

Os obxectivos deste curso son:

– Redactar con corrección a linguaxe técnica administrativa galega
– Coñecer e empregar léxico básico relacionado coa xestión pública
– Aplicar as convencións e regras de estilo aos documentos
– Redactar eficazmente os documentos de transmisión propios da xestión
administrativa
– Coñecer e manexar os recursos de apoio á aprendizaxe
– Redactar con corrección a linguaxe técnica administrativa galega- Coñecer e empregar léxico básico relacionado coa xestión pública- Aplicar as convencións e regras de estilo aos documentos- Redactar eficazmente os documentos de transmisión propios da xestiónadministrativa- Coñecer e manexar os recursos de apoio á aprendizaxe

Os contidos que se tratarán son os seguintes:

1.- Gramática:
– Problemas gramaticais da linguaxe de especialidade
2.- Léxico:
– O léxico administrativo
– A fraseoloxía administrativa
3.- Redacción e estilo:
– A variedade lingüística administrativa
– Características e modernización da linguaxe administrativa
– A linguaxe sexista
– Criterios de utilización dos signos de puntuación e doutros signos
ortográficos nos documentos administrativos
– Algunhas convencións gráficas nos documentos administrativos
4.- Documentación:
– Cuestións de formato
– Estrutura xeral común para todos os documentos administrativos
– Distintos tipos de documentos administrativos

O curso desenvolverase en 3 edicións:

Cerdido 10, 12, 19, 24, 26, 31 de maio; 2 e 7 de xuño de 17:00 a 20:00
A Coruña 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de maio de 17:00 a 20:00
Cee 11, 13, 18, 20, 25, 27 de maio;1 e 3 de xuño de 17:00 a 20:00

O  prazo para anotarse remata o día 22 de marzo

Páxina de formación da Deputación da Coruña
Información do Curso de actualización da linguaxe administrativa galega
Folla de inscrición

Obradoiro de linguaxe non sexista

Durante todo o mes de marzo, para conmemorar o Día da Muller Traballadora, o Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística desenvolverá uns obradoiros de linguaxe non sexista.

Os obxectivos principais destes obradoiros son o de procurar a utilización dunha linguaxe cun tratamento igualitario entre homes e mulleres e o de loitar contra os estereotipos lingüísticos sexistas e as expresións androcéntricas na linguaxe.

As persoas asistentes aos obradoiros poderán identificar os caos de uso sexista da linguaxe e disporán das ferramentas axeitadas para evitalos. As sesión desenvolveranse de xeito práctico, centradas fundamentalmente na análise de documentos reais.

Os obradoiros terán unha duración de 6 horas repartidas en varias sesións e desenvolveranse en Baio, Zas e Fornelos.

Contactar co SNL do Concello de Zas

Prensa:

CTNL

La Voz de Galicia

Lingua de Amor

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes