Resultados definitivos das probas Celga celebradas en abril de 2016

Xa están publicados os resultados definitivos das probas Celga 1, 2, 3 e 4 celebradas no mes de abril de 2016. Podes consultalos aquí.

CabeceraCursoCelga

 

Resultados definitivos das probas para a obtención dos certificados de lingua galega niveis Celga 1, 2, 3 e 4 (2016)

Xa podes consutar os resultados definitivos das probas Celga 2016. Preme nesta ligazón:

http://www.lingua.gal/a-secretaria-xeral/convocatorias/_/Probas/convocatoria_0017/probas-celga-1-2-3-4-ano-2016

 

 

celga (2)

 

Convócanse cursos preparatorios para as probas Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística publica a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios para obter os certificados de lingua galega Celga 2, Celga 3 e Celga 4.Celga 2

Estes cursos poden ser solicitados por todas as persoas maiores de dezaseis anos, ou por aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria. O prazo para a presentación das solicitudes será de 30 días naturais (até o 16 de xullo), contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria.Imaxe Celga

Para calquera dúbida coa convocatoria ou coa inscrición podedes dirixirvos ao Servizo denormalización lingüística do concello a través deste mail: vanesa.otero@concellodezas.org ou no teléfono 981 708 303

Cursos de linguaxe administrativa galega para o persoal das administracións públicas

A Escola Galega de Administración Pública convoca, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, cursos de nivel superior de linguaxe administrativa galega dirixidos ao persoal ao servizo das distintas administracións da Comunidade Autónoma de Galicia. Os cursos (catro na modalidade de teleformación e un na modalidade presencial) desenvolveranse ao longo dos meses de setembro, outubro e novembro de 2016. O  prazo de presentación de solicitudes é de dez días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria (01/06/2016).[1339073659]cursos_linguaxe_administrativa

100 anos das Irmandades da Fala

Foi tamén nun mes de maio, pero de hai xa 100 anos, concretamete un 18 de maio de 1916, cando un grupo de galegos convocados polo xornalista Antón Vilar Ponte daba lugar na Coruña, nunha casa da rúa Rego de Auga, ás Irmandades da Fala.

Irmandades da Fala
As Irmandades da Fala creáronse para a defensa, dignificación e cultivo do idioma; a primeira das Irmandades fúndase na Coruña, pero séguena outras repartidas polas principais cidades e vilas de Galicia (Ferrol, Ourense, Betanzos, Santiago..). Para difundiren o seu ideario editaron unha publicación periódica totalmente en galego: A Nosa Terra. A_Nosa_Terra,_1916Os seus membros máis salientables foron os irmáns Vilar Ponte, Losada Diéguez, Vicente Rísco, Ramón Cabanillas, etc.

Bo Nadal e ventureiro Aninovo a tod@s!

Postal_Nadal_2015 imaxe

AGASALLO.EU

Agasallo.eu é esta plataforma en liña que estás a explorar, e que compila, difunde, dá a coñecer e recomenda agasallos en galego de diverso tipo, para todas as idades e para todo tipo de acontecementos e épocas do ano. Para que se coñeza o que existe en galego! 😉

Cando unha persoa quere facer un regalo pode acceder aquí e buscar ideas e propostas, que pode consultar por tipo, idade da persoa á que vai destinado, prezo, etc., e atopar información completa sobre o produto e onde mercalo.

Agasallo.eu non é unha tenda en liña. Dáche ideas e propostas e indícache ou lévache a onde as podes adquirir, mais non se venden directamente a través desta plataforma.

Deste xeito, preténdese axudar a elixir agasallos e incitar que sexan en galego, visibilizar e dar a coñecer entre o conxunto da cidadanía creacións que usan a lingua galega, que a cidadanía coñeza que se poden regalar produtos no noso idioma de todo tipo e para todas as idades, incentivar a regalar filmes, libros, camisolas, discos, xogos, etc., e, en definitiva, creacións culturais galegas, e promocionar e apoiar os produtos e servizos de todo tipo, e as empresas, que usan o galego.

Así, aquí atoparás propostas organizadas en nove categorías: Libros, Música, Audiovisual, Xogos, Tecnoloxía, Téxtil, Experiencias, Alimentación e Outros. AGASALLO.EU

Agasallo.eu está impulsada pola Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) que, para a súa posta en marcha, contou con colaboración económica da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, e mantense e difúndese coa achega económica das empresas que participan incluíndo aquí as súas propostas.

  • Se creas, fas ou elaboras produtos ou ofreces servizos en galego, podes consultar máis información de como estar en Agasallo.eu no apartadoCOMO PARTICIPAR EN AGASALLO
  • Se, a través dun centro de ensino, asociación, entidade, empresa, etc., queres compilar e difundir, ben en papel, ben a través da rede, do correo, etc., propostas de regalos en galego, podes crear o teu catálogo en .pdf a través do apartado CREA O TEU CATÁLOGO DISTRIBUÍBLE
  • Se tes algo que nos dicir, algunha dúbida, comentario, proposta, etc., podes contactar connosco a través de info@agasallo.eu.
  • Se “simplemente” buscas ideas de agasallos en galego, fedella pola plataforma.

Cursos Celga e de Linguaxe Administrativa nas EOI e en liña

No Diario Oficial de Galicia do 13 de agosto de 2015 aparece publicada a convocatoria de cursos preparatorios para obter o Certificado en lingua galega (Celga) e mais cursos de linguaxe administrativa (medio e superior):

ORDE do 3 de agosto de 2015 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega (Celga), que se realizarán en distintos períodos e en varias escolas oficiais de idiomas de Galicia.

Destinatarias/os:

Os cursos de linguaxe administrativa van dirixidos ao persoal das administracións públicas de Galicia, excepto o persoal docente da Consellería de Cultura e Educación. Tamén poden solicitalos persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as, que poderán optar ás prazas no caso de que queden vacantes.

Nos Celga pódense anotar as persoas maiores de dezaseis anos ou que os fagan antes de finais deste ano.

Prazos de matrícula:

  • Dende o 14 de decembro de 2015 ata o 4 de xaneiro de 2016 para os cursos que se impartan en 2016.
  • Lugar de inscrición: na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso sen prexuízo da súa presentación en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es.

Para calquera dúbida coa convocatoria ou coa inscrición podedes dirixirvos ao Servizo de normalización lingüística do concello a través deste mail: vanesa.otero@concellodezas.org ou no teléfono 981 708 303Imaxe Celga

FOLIADA SOLIDARIA

Gala solidaria que terá lugar este sábado 28 a partir das 19:00h no auditorio de Baio.CARTAZ_FOLIADA_SOLIDARIA (1)

Que pasa na costa e outros medios presentan a campaña Vitaminas para o galego

Varios medios de comunicación de Galicia, entre os que se atopa o diario dixital da Costa da Morte Quepasanacosta, vimos de presentar na Feira Terr@ctiva de Arzúa a Campaña“Vitaminas para o Galego”. Polo de pronto son outros 9 medios os implicados pero de seguro que durante as vindeiras datas son máis os medios que se unen.
Galicia ConfidencialTempos Novos,RadiofusiónPraza PúblicaNovas da GalizaVal Miñor.info e Quepasanacosta, son os medios organizadores da campaña, na que tamén colaboran os medios comarcais Certo xornal dixital de Barbanza e Noia, Osil.info de Valdeorras e Crónica3da Mariña Lucense impulsan esta campaña.

“Vitaminas para o Galego” é unha nova iniciativa, como dicimos, dos medios de comunicación en lingua galega, que pretende reivindicar a necesidade de medios na nosa lingua, visibilizar o noso traballo, e servir de autofinanciamento para todas as pequenas empresas que formamos o medios, ca clara intención de loitar pola supervivencia dos medios na lingua do país, así como impulsar o nacemento de novas cabeceiras.

É esta a primeira vez que se xuntan estes medios para comezar unha campaña que durará, cando menos ata as Letras Galegas, que incluirá unha axenda de eventos lúdicos (concertos, relatorios, etc.), así como asociacións e colectivos sociais comprometidos coa terra.
A campaña botaba a andar esta fin de semana cunha presentación pública na feiraTerr@ctiva en Arzúa, na que houbo máis participación costeira como a da Cooperativa de Agricultura Raíña Lupa de Quilmas e a Asociación Monte Pindo Parque Natural. A feira demostrou que hai calidade, arte e compromiso no país, e ademais dos stands non faltaron actuacións como a dos 7 magníficos + 1 que fixeron rir a todos os asistentes.

“O galego precisan vitaminas”

“O idioma galego precisa de axudas, de vitaminas” afirmaron o sábado en Arzúa na presentación os promotores da campaña “Vitaminas para o galego”. Indicaron que “se se quere garantir a transmisión interxeracional da lingua, é necesario contar con medios de comunicación que empreguen o idioma propio, para difundilo, prestixialo e convertilo en lingua de uso tamén nos núcleos urbanos”.

Pedro Telmo (Director de valmiñor.info) salientou que “existe público e demanda de información local en galego” para xustificar a súa participación nesta iniciativa.
Marcos Pérez (Praza Pública, medio a nivel galego aínda en fase de creación) incidiu na necesidade de buscar alternativas de financiamento para este tipo de medios e destacou “a importancia da implicación da cidadanía para a súa vitalidade”.
Henrique Sanfiz (Radiofusión) sinalou que “a cultura non debe ser un fin en sí mesmo e pescudamos unha cultura vocacionada para a felicidade, unha cultura e unha lingua que sirva para explicar o mundo que vivimos e dar sentido á nosa existencia”.

Os xornalistas suliñaron a importancia da cultura e da lingua galega “como áncoras que nos enlazan co territorio máis próximo, sen que iso limite a realización de viaxes por outras culturas e outros eidos do coñecemento”.

 

Fonte: Quepasanacosta.com

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes