Funcións

Funcións xerais internas:

  • Asesorar a administración en todo o relacionado coa política lingüística.
  • Velar polo cumprimento da lexislación en materia lingüística por parte da institución e, polo tanto, velar para que se lle garantan os dereitos lingüísticos á cidadanía.
  • Colaborar coa administración para determinar os perfís lingüísticos necesarios en cada un dos postos de traballo e colaborar nas probas e procesos selectivos para que se avalíen convenientemente os coñecementos lingüísticos por parte dos/as aspirantes.
  • Funcións de dinamización lingüística:

  • Planificar, xestionar, executar e avaliar accións a prol da lingua galega no ámbito de influencia da entidade.
  • Fomentar o uso do galego no ámbito socioeconómico e, en xeral, en todos os sectores de importancia para a súa repercusión social.
  • Promover e coordinar redes de traballo para o fomento do uso do galego no ámbito asociativo, educativo, empresarial, etc., do termo municipal.
  • Planificar e propoñer programas dinamizadores e actividades concretas que conciencien a sociedade respecto ao uso da lingua galega.
  • Funcións de formación (socio)lingüística:

  • Planificar, xestionar, coordinar e difundir a realización de cursos de lingua galega, xerais e específicos, para a poboación en xeral ou para sectores concretos.
  • Difundir entre a cidadanía materiais que contribúan á tarefa normalizadora: dereitos lingüísticos, lexislación, recursos lingüísticos, etc.
  • Colaborar no deseño de programas de formación non-lingüística para garantir a presenza do galego e de contidos favorábeis á mellora de actitudes lingüísticas.
  • Funcións de asesoramento lingüístico interno:

  • Mellorar a calidade lingüística e comunicativa da administración.
  • Normalizar a imaxe lingüística e fixar criterios lingüísticos para a organización.
  • Resolver dúbidas lingüísticas.
  • Elaborar e recomendar materiais específicos, atendendo ás necesidades dos departamentos.
  • Funcións de coordinación e apoio entre a Deputación e os concellos:

  • Apoiar e difundir as accións de normalización desenvolvidas pola Deputación da Coruña.
  • Coordinarse coa Deputación e outros concellos para planificar e executar accións de normalización.

    Other links to this post

    1. SNL do Concello de Zas » O Concello de Zas fomenta o uso do galego no tecido asociativo

    SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes