As túas presentacións con xeito

O SNL da USC, a través da Área de asesoramento dache as liñas mestras para crear presentacións dixitais eficientes de de calidade.

Parabéns

Presentacións eficientes de calidade (SNL da USC)

Páxina Web do Proxecto Toponimia de Galicia

Xa está accesíbel a web do Proxecto Toponimia de Galicia que desenvolve a Xunta de Galicia e permite acceder a información de  máis de 350.000 topónimos.

O Proxecto Toponimia de Galicia (PTG) arrincou no ano 2000, impulsado pola Comisión de Toponimia, dentro da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que é a competente na materia. Actualmente, están implicados no proxecto outros departamentos da Xunta de Galicia, cunha participación destacada da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais da S.A. para o Desenvolvemento Comarcal de Galicia. Neste organismo, dependente da Consellería do Medio Rural, funciona o SITGA (Sistema de Información Territorial de Galicia), que constitúe o soporte técnico para a execución do PTG.

No proxecto veñen colaborando tamén moitos concellos, que, a través de convenios, facilitan persoal e apoio material no seu respectivo ámbito territorial, asociacións veciñais e culturais, comunidades de montes e outras entidades. Nalgúns casos, as colaboracións proveñen de persoas que, pola súa conta e por interese persoal ou profesional, decidiron recoller os nomes da súa parroquia coa metodoloxía deseñada e aplicada polo PTG.

Os obxectivos do proxecto son recoller toda a toponimia galega, tanto a referida a entidades de poboación como a outras realidades xeográficas (nomes de terras, fontes, regueiros, cruceiros, cons, areais…), fixarlle unha forma escrita e situala cartograficamente. Como pano de fondo, é motivación básica do PTG salvagardar un riquísimo patrimonio cultural, gravemente ameazado.

A información sobre toponimia xerada polo PTG non está baseada nunha simple listaxe de milleiros de nomes clasificados por concellos e parroquias e encadrados nunhas determinadas tipoloxías xeográficas. A utilización de técnicas cartográficas avanzadas así como o aproveitamento das tecnoloxías de divulgación en rede permiten que esa información teña aplicación práctica para organismos públicos, entidades privadas e particulares que xestionan o territorio ou investigan sobre el (elaboración de cartografía, xestión de emerxencias, planeamento urbanístico, estudos filolóxicos ou antropolóxicos …).

Por outra banda, a información está disposta de xeito que permitirá no futuro a integración das bases toponímicas galegas en niveis de información superiores a nivel estatal e europeo.

Páxina Web do Proxecto Toponimia de Galicia

12/05/2010 Nova en Xornal.com

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes