Carta aos Reis Magos do SNL do Concello da Coruña

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña preparou un modelo de carta aos Reis Magos para que os nenos e as nenas poidan pedir os seus agasallos.

Xunto coas cartas, elaborouse unha unidade didáctica para pais, nais e docentes que ten como obxectivo fomentar o uso do galego na infancia e orientar os pequenos e pequenas na confección dunha carta creativa e imaxinativa. Promóvese a utilización de xogos colectivos e non sexistas, os valores como o consumo responsábel e o respecto ao medio ambiente, así como a recuperación das tradicións galegas.

A carta está deseñada utilizando fragmentos de obras de artistas plásticos coruñeses. A unidade didáctica tamén procura un achegamento dos nenos e as nenas ao traballo pictórico da súa zona.

Para este exercicio utilizáronse cadros de Alberto Datas, Sabela Baña, Isabel Pintado, Urbano Lugrís Vadillo, Pablo Gallo, María Corredoyra, Jorge Cabezas, Alfonso Abelenda Escudero, Marta Pardo de Vera, María Antonia Dans e Elena Gago. Deixamos aquí constancia do agradecemento da Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña pola boa disposición dos artistas neste proxecto.

Esta unidade didáctica foi distribuída entre os centros educativos do Concello da Coruña. Ademais, repartíronse centos de exemplares no AchegArte e, actualmente, poden encontrarse nas bibliotecas e nos centros cívicos municipais.

Debido á boa acollida desta inciativa, a Concellaría de Normalización Lingüística do Concello da Coruña decide agora poñer a disposición de todos os persoas interesadas a carta e a unidade didáctica para a súa descarga.

Descarga da carta (PDF)

Descarga da unidade didáctica (PDF)

Descarga das solucións dos exercícios da unidade didáctica (PDF)

Blog do SNL do Concello da Coruña

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes