Un verán de lecer. Propostas de creacións culturais

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello de Zas, en colaboración cos SNL dos concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Malpica de Bergantiños e Ponteceso editou, por segundo ano consecutivo, Un verán de lecer.

Na edición e difusión desta publicación colaboraron tamén os Equipos de dinamización lingüística (EDNL) dos centros de ensino dos concellos participantes, a Unidade técnica de normalización lingüística da Deputación da Coruña e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

A publicación, recolle unha serie de recomendacións literarias, musicais e audiovisuais en lingua galega clasificadas por idades, co obxectivo de que os potenciais consumidores coñezan a oferta existente en produtos culturais en lingua galega.

Editáronse un total de 8000 exemplares que se repartirán nos centros de ensino e nos servizos de normalización lingüística das comarcas da Terra de Soneira e Bergantiños e nos SNL dos concellos da provincia.

Un verán de lecer. Propostas de creacións culturais. 2001 (PDF)

Un verán de lecer. Guía de produtos culturais en lingua galega

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) en colaboración cos Equipos de dinamización e normalización lingüística (EDNL) dos centros de ensino do Concello de Zas editou unha guía de produtos culturais en lingua galega.

Un verán de lecer, que é o título da publicación, recolle unha serie de recomendacións literarias, musicais e audiovisuais en lingua galega clasificadas por idades, co obxectivo de que os potenciais consumidores coñezan a oferta existente en produtos culturais en lingua galega.

As guías repartíronse entre o alumnado dos centros de ensino do Concello e están a disposición das persoas interesadas na Biblioteca municipal e na Casa do Concello.

Un verán de lecer. Guía de produtos culturais en lingua galega (PDF)

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes