Ferrol con lingua.com

Ferrol con lingua é un novo web deseñado para difundir as accións de promoción da lingua galega que se desenvolven desde o Gabinete de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol

O Gabinete de Normalización Lingüística (GNL) do Concello de Ferrol impulsa o web www.ferrolconlingua.com para difundir e dar a coñecer as actividades de promoción da lingua galega.

A través deste espazo pódese acceder a información sobre accións de promoción lingüística dirixidas ao mundo do deporte, accións para os mercados, ou as accións para a mocidade e o ensino.

Desde o GNL de Ferrol traballan para procurar unha implicación real dos grupos de traballo, das entidades, das asociacións, das persoas interesadas en participar. Todo isto impulsado desde o Consello Municipal da Lingua, órgano de asesoramento en materia de política lingüística.

A idea, dinamizar o uso de idioma en espazos visíbeis, estratéxicos…

En Ferrol con lingua pódese acceder a información sobre as accións no ámbito sociocultural (ensino e mocidade, deporte, infancia e toponimia), no socioeconómico (campaña de promoción lingüística nos mercados) e no da propia administración.

Ferrol con lingua

Vía CTNL

Eufalo.tv

Un novo espazo acaba de aparecer na rede, Eufalo.TV, un proxecto de documental colaborativo sobre a lingua, dende o punto de vista dos/as falantes. É, por tanto, unha historia feita a partir de pequenas historias, un discurso feito con moitos discursos diferentes e variados.

O proxecto conta co traballo da empresa A Navalla Suíza e un equipo de colaboradores formado por Noa García, Manu Mayo, Belén Regueira, Araceli Gonda, Xandra Tedín, Mabel Montes, Mónica Ares e Matías Tarrío, entre outros.

A pesar deste soporte, Eufalo.TV, accesíbel no enderezo http://eufalo.tv é un proxecto que pide a colaboración dos e das internautas para que envíen vídeos onde conten historias ou vivencias, propias ou alleas, sobre a lingua e nosa relación con ela.

Eufalo.tv

Fonte: CTNL

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes