Visitas a exposición “Historia de Galicia”

Alumnado do CPI de Zas

Alumnado do CEIP Labarta Pose de Baio

IES Maximino Romero Lema de Baio

Fotografias do acto de inauguración da exposición Historia de Galicia e da conferencia de Felipe Senén en Baio (Zas)

Gañadoras do concurso de relatos sobre violencia de xénero

Algunhas das persoas participantes nos Obradoiros de linguaxe non sexista

Xornadas sobre a historia de Galicia no Concello de Zas. Charla no CPI de Zas

O día 5 de abril desenvolveuse, dentro do programa das Xornadas sobre a Historia de Galicia no Concello de Zas, unha conferencia no CPI de Zas.

A exposición estivo a cargo do técnico de normalización lingüística do Concello, titulábase A historia do Concello de Zas a través dos seus nomes e nela fíxose un percorrido polas distintas etapas históricas e as pegadas que deixaron na toponimia do Concello.

Imaxe en alta resolución

Imaxe en alta resolución

Imaxe en alta resolución

As seguintes conferencias programadas son:

Felipe Senén, técnico en xestión cultural e museólogo da Deputación da Coruña.

Venres 9 de abril as 20:00 h no Anexo ao Polideportivo de Baio

Bieito Alonso, historiador.

Luns, 12 de abril as 17:00 h no IES Maximino Romero Lema de Baio

Evaristo Domínguez Rial, historiador.

Xoves 14 de abril as 16:00 h no CEIP Labarta Pose de Baio

Xornadas sobre historia de Galicia no Concello de Zas

Xornadas sobre a historia de Galicia no Concello de Zas

O Concello de Zas, a través do Servizo de Normalización Lingüística, en colaboración coa Deputación da Coruña organiza as Xornadas sobre a Historia de Galicia.
As actividades estarán conformadas por unha exposición de Edicións A Nosa Terra sobre a historia de Galicia e un ciclo de conferencias.
A exposición, obra do ilustrador Pepe Carreiro (Os Bolechas), estará dende o día 5 até o día 16 de abril no Anexo ao Polideportivo de Baio. Está prevista a visita do alumnado dos centros de ensino do Concello que será agasallado cunha publicación da Editorial A Nosa Terra sobre o tema.
Para concertar unha visita guiada a esta exposición poden poñerse en contacto co Servizo de Normalización Lingüística do Concello a través do teléfono 981 708 303.
O día 9 de abril as 20:00 h no Anexo ao Polideportivo de Baio o técnico en xestión cultural e museólogo da Deputación da Coruña, Felipe Senén, desenvolverá a conferencia O patrimonio cultural galego, o estado da cuestión.
As xornadas tamén inclúen un ciclo de conferencias nos centros de ensino que comezarán o día 6 de abril no CPI de Zas coa conferencia A historia do Concello de Zas a través dos seus nomes a cargo de Pepe B. Alborés, técnico de normalización lingüística do Concello de Zas.
O día 12 de abril, no IES Maximino Romero Lema, terá lugar a seguinte actividade, unha conferencia do historiador Bieito Alonso titulada A nosa historia.
A última das conferencias nos centros de ensino terá lugar o día 14 de abril no CEIP Labarta Pose de Baio. Correrá a cargo do xeógrafo e historiador Evaristo Domínguez Rial e levará por título Aproximación histórica ao Concello de Zas.

Que pasa na costa.com

Chuza.org

La Voz de Galicia

CTNL

Unidade Técnica de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña

Finisterrae.com

Exposición “Crónicas da represión lingüística” en Zas

Crónicas da represión lingüísticaDo 13 ao 30 de novembro poderá visitarse no Centro Social de Zas a exposición “Crónicas da represión lingüística”.

Esta obra expositiva pretende recuperar as vivencias das persoas que viviron os tráxicos sucesos do levantamento fascista e reflexionar sobre as consecuencias que tiveron para elas e o conxunto da nosa sociedade a represión implementada no noso país, onde a nosa lingua foi, tamén, un obxectivo dese accionar represivo.

A construción narrativa do traballo expositivo, tanto no aspecto textual, gráfico e audiovisual, está baseado en pequenos relatos de historias de vida de persoas que padeceron ao longo destes dilatados anos da ditadura, a represión lingüística, psicolóxica, social e incluso económica, derivada desta perversa e obsesiva práctica represiva.

A participación de investigadores e estudosos engade o rigor científico necesario para afondar noutros aspectos desta represión lingüística que proxecta a súa longa sombra até os nosos días.

Crónicas da Represión Lingüística fundamenta a sistematoloxía represiva desatada contra a lingua e a sociedade galega e como esta acción repercute na vida íntima e social das persoas sometidas ao silencio, á humillación, á frustración, en síntese, á falla de autoestima individual e colectiva do noso pobo.

O proxecto está construído a través das opinións de estudosos do tema lingüístico e das experiencias de persoas que sufriron este tipo perverso de represión psicolóxica, entre as que podemos salientar: Xesús Alonso Montero, Isaac Díaz Pardo, Manuel Fernández Cid, Francisco Fernández del Riego, Agustín Fernández Paz, Raimundo García Domínguez, Xaime lsla Couto, Avelino Pousa Antelo, Elixio Rodríguez Domínguez, Bernardo Souto e Elvira Varela Bao entre moitos outros.

A mostra está presente en Zas a través da colaboración da Deputación da Coruña.

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes