Refraneiro galego

Refraneiro galego e unha web que mostra refráns en lingua galega e unha aplicación para iOS (iPhone, iPad, iPod).

Conta cunha base de datos de case 10.000 refráns diferentes reunidos nunha única base de datos accesible desde calquera lugar do mundo.

A aplicación para iOS permite buscar e arquivar os  refráns favoritos e compartilos na rede por Facebook, Twitter ou correo electrónico. Tamén ten un servizo de alertas que permite descubrir un refrán diferente cada día ou cada semana sen ter que abrir a aplicación

Refraneiro galego

Catalogo Ikea 2012

Por segundo ano, a edición dixital do catálogo de Ikea volve a estar en galego.

Parabéns

Catálogo Ikea 2012 en galego

A túa computadora en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística presentou a campaña Vive en galego a tecnoloxía que nos permite acceder en lingua galega as ferramentas máis populares de Microsoft.

Podes acceder aos parches de tradución en lingua galega dos seguintes produtos:

Windows 7

Windows Vista

Windows XP

Office 2010

Office 2007

Office 2003

Microsoft Dynamics CRM 2011

SharePoint 2010

Se optamos polo software libre temos versión en galego do sistema operativo Ubuntu e da suite ofimática Open Office.

Se lle tes algo de medo ao software libre a  Concellaría de Cultura e Patrimonio do Concello de Dodro e a Oficina de Software Libre da USC veñen de editar unha guía para principiantes do sistema operativo Ubuntu.

Tamén podemos utilizar en lingua galega outro software:

Navegador Firefox

Thunderbird (correo electrónico)

WordPress ( blogs)

The Gimp (edición de imaxes)

Outro software en galego

E se queres que o mundo saiba que navegas en galego configura o teu navegador para que o faga.

Xa nos tes aquí. Catequese e liturxia en lingua galega

O coro parroquial de Mondariz presenta o sitio web Xa nos tes aquí, que é o froito de cinco anos de traballo compilando música e recursos en lingua galega de utilidade para as celebracións relixiosas e mais a catequese.
Tanto o sitio web, coma o blog co mesmo nome, están especialmente dirixidos aos coros, parroquias, colexios e colectivos relixiosos que desexen desenvolver a súa actividade en galego. 

Xa nos tes aquí. Recursos para a catequese e liturxia en lingua galega


O Consello da Cultura organiza un seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia

A amplitude e intensidade que están adquirindo os debates sobre a lingua en Galicia, e moi particularmente a súa relevancia política, levounos a considerar a necesidade dun foro de reflexión sobre a situación sociolingüística de Galicia, a súa evolución recente e as fórmulas desexables para o futuro, tendo en conta o marco estatal español e o ámbito lusobrasileiro, cos que sen dúbida mantemos unha estreita relación.

O seminario desenvolverase en catro sesións, ao longo dos meses de decembro de 2009 a xuño de 2010, e cada unha delas xirará arredor de varios temas monográficos. Na primeira, que terá lugar en decembro de 2009, analizarase a situación sociolingüística actual. A segunda sesión, en marzo de 2010, xirará arredor dos modelos posibles de oficialidade e mais da regulación lingüística no sistema educativo. En maio de 2010 haberá unha terceira sesión, na que se reflexionará sobre a situación sociolingüística nos medios de comunicación e no ámbito socioeconómico. O seminario pecharase cunha cuarta sesión, en xuño de 2010, na que se debaterá sobre os modelos de convivencia para o futuro e se recollerán as principais conclusións das catro sesións.

O obxectivo final é a elaboración dun informe, que conterá unha selección dos relatorios e intervencións no seminario, e un texto de conclusións elaborado polos coordinadores, que será sometido á discusión dos participantes. Este informe será tamén elevado ao Consello da Cultura Galega.

A asistencia será restrinxida por convite do CCG. Pretendemos que ao menos un núcleo amplo dos asistentes participen regularmente nas sesións, contribúan aos debates e sobre todo colaboren na elaboración do documento final. Se a capacidade do salón o permite, poderán atenderse solicitudes de persoas interesadas.

Consello da Cultura

Seminario sobre lingua, sociedade e política en Galicia

Folleto en PDF

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes