Presentación do libro “A Terra de Soneira. No corazón da Costa da Morte”

Venres día 10 de decembro

19: 30 h

Auditorio do Pavillón Polodeportivo de Baio

Asistirán os autores, Xosé María Lema Suárez (Coordinador/a), Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira,  e Xosé María Rei Lema, o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño Espasandín e o director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado.


O libro comeza cunha xustificación da personalidade específica da comarca demostrando con documentos e cartografía histórica a existencia dun territorio diferenciado con este nome desde hai mil cen anos. Os dous seguintes apartados non adoitan figurar nas guías habituais: a análise da forma de falar dos soneiráns e un estudo sobre os apelidos máis frecuentes desta zona. Logo vén unha intrudución xeográfica: natureza e paisaxe, onde se diferencia a Soneira interior e unha máis reducida Soneira da beiramar. Ofrécese despois unha visión da historia da comarca desde os tempos prehistóricos aos contemporáneos e, a continuación, as ricas manifestacións artísticas desde o megalitismo á actualidade. Tamén se considera de interese o rico patrimonio etnográfico, de aí a necesaria referencia á arquitectura popular e etnográfica (a casa labrega e mariñeira, os hórreos, os muíños, os batáns etc.). Sen esquecer a referencia á senlleira e refinada artesanía soneirá, que ten no encaixe de Camariñas unha recoñecida proxección universal e na recuperación dos labores do liño un modelo a seguir de como a recuperación dos vellos oficios pode servir de elemento dinamizador dunha comarca. Outros dos aspectos importantes son os persoeiros nacidos nalgún dos tres concellos, a rica gastronomía, as festas tradicionais máis importantes, os eventos instituídos modernamente con notorio éxito de público: o festival folk da Festa da Caballeira de Zas, o Asalto ao Castelo de Vimianzo, as rapas das bestas…

Un apartado especial son as rutas para coñecer a comarca. Propóñense rutas xerais e rutas específicas como a arqueolóxica ou a dos Penedos de Pasarela, os de Traba, os do Piñeo, os do Penal do Veo e os do Corveiro.


Ficha do libro

Presentación de “En castellano no hay problema” de Carlos Callón e conferencia sobre Enrique Labarta Pose

Presentación do libro En castellano no hay problema de Carlos Callón

O autor asinado exemplares

Conferencia de Xosé M. Varela sobre Enrique Labarta Pose

“En castellano no hay problema” de Carlos Callón na III Semana Cultural do Concello de Zas

O vindeiro xoves 5 de agosto, no marco da III  Semana Cultural do Concello de Zas terá lugar a presentación do libro En castellano no hay problema de Carlós Callón.

Carlos Callón é, dende o ano 2002, presidente da Mesa Pola Normalización Lingüística.

Neste libro, o autor, ademais de rebater con argumentos algúns dos prexuízos e tópicos máis asentados contra a lingua galega, analiza a situación do idioma, repasa reivindicacións, presenta alternativas, convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade e alerta das medidas que deberían adoptar os poderes públicos.

Actividades da III Semana Cultural do Concello de Zas

Presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega en Baio

Ao redor de 80 perosas participaron o día 5 de febreiro na presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega que tivo lugar en Baio.
Na fotografía os membros de Prolingua Antonio Díaz Amor, Ricardo Vigueret e Teresa Castro.

20 mentiras para ir abrindo boca

Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)

Pilar Ponte, elaborou esta presentación con 20 mentiras das 55 recollidas no libro 55 mentiras sobre a lingua galega.
Presentación no auditorio de Baio o día 5 de febreiro as 20:30 horas.

Presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega en Baio

O vindeiro venres día 5 de febreiro a plataforma Prolingua presentará, de maneira simultanea, en 63 localidades  o libro 55 mentiras sobra a lingua galega.

Entre as localidades nas que se vai a desenvolver a presentación está a de Baio.

A presentación será no Auditorio de Baio as 20:30 h. e correrá a cargo de Teresa Castro, Antonio Díaz Amor e Ricardo Vigueret.

Plataforma Prolingua

55 mentiras sobre a lingua galega

(04/02/2010) Nova en La Voz de Galicia

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes