Cursos presenciais e en liña de linguaxe administrativa para persoal da Administración autonómica

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL), publica no DOG do 10 de febreiro a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa para persoal da Administración autonómica, exceptuando o profesorado da Consellería de Educación e o persoal sanitario da Consellería de Sanidade.
CURSOS

Linguaxe administrativa nivel medio
-13 edicións na modalidade de teleformación
-4 edicións presenciais, en Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela

Lingua administrativa nivel superior
-16 edicións presenciais, na Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago de Compostela

SOLICITUDE

prazo de solicitude está aberto até o 22 de febreiro e debe facerse na zona de matrícula do web da EGAP.

Convocatoria (PDF)

Vía CTNL

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega e de preparación para as probas Celga


Mediante a orde do 29 de decembro de 2010(DOG de 14/01/2011), a Consellaría de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia convoca cursos de linguaxe administrativa e de preparación para as probas  Celga.

Os ditos cursos desenvolveranse nas escolas oficiais de idiomas da Comunidade Autónoma.

Cursos de linguaxe administrativa galega

Persoas destinatarias:

Persoal das diferentes administracións públicas de Galicia que se encontre en situación de servizo activo ou excedencia polo coidado dun fillo ou dun familiar. Exceptúase o persoal docente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e o persoal sanitario, sempre que non desempeñen postos na Administración xeral.

Persoas maiores de dezaseis anos que non sexan empregados/as públicos/as e posúan os certificados ou acreditacións equivalentes necesarios para a matrícula nestes cursos. As  súas solicitudes só serán tidas en conta no caso de que non se cubran as prazas ofertadas para cada curso por empregados/as públicos/as.

Certificados ou acreditacións necesarias para a inscrición:

O alumnado que aspire a participar no curso medio de linguaxe administrativa engadiralle ao modelo de solicitude unha copia compulsada da certificación que acredite que ten superado ou validado o curso básico de linguaxe administrativa galega, de perfeccionamento de lingua galega ou certificado de lingua galega 4 (Celga 4).

O alumnado que aspire a participar no curso superior de linguaxe administrativa engadiralle ao modelo de solicitude unha copia compulsada da certificación que acredite que ten superado ou validado o curso medio de linguaxe administrativa galega.

Solicitude e prazos:

As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38º.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso, remitirase unha copia da solicitude de matrícula e a documentación requirida por fax ou correo electrónico á escola oficial de idiomas correspondente, sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección.

Os prazos para a presentación das solicitudes serán os seguintes:

-Para a quenda de febreiro/marzo: 20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

-Para a quenda de outubro: do 1 ao 20 de setembro de 2011.

Deberase utilizar para a solicitude o modelo de instancia que vai como anexo a orde. (PDF)

Datas,  horarios e lugares de desnevolvemento dos cursos:

Datas,  horarios e lugares de desenvolvemento dos cursos de linguaxe administrativa galega(PDF)

Cursos de preparación para as probas Celga

Persoas destinatarias:

Persoas maiores de dezaseis anos, ou aqueles que os cumpran no ano natural da convocatoria.

Certificados ou acreditacións necesarias para a inscrición:

Non existen

Solicitude e prazos:

As solicitudes presentaranse na secretaría da escola oficial de idiomas onde teña lugar o curso a partir do día seguinte ao da publicación desta orde e ata cinco días antes da data establecida por cada escola oficial de idiomas para o inicio do curso, sen prexuízo do dereito á presentación de acordo co disposto no artigo 38º.4 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Neste caso remitirase unha copia da solicitude de matrícula e a documentación requirida por fax ou correo electrónico á escola oficial de idiomas correspondente, sempre coa maior celeridade posible para que poida ser tida en conta na selección.

Deberase utilizar para a solicitude o modelo de instancia que vai como anexo a orde. (PDF)

Datas, horarios e lugares de desenvolvemento dos cursos:

Datas, horarios e lugares de desenvolvemento dos cursos de preparación para as probas Celga (PDF)


Orde do 29 de decembro de 2010 pola que se convocan, con carácter gratuíto, cursos de linguaxe administrativa galega e cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga, que se realizarán nos períodos e nas escolas oficiais de idiomas de Galicia que se indican. (PDF)




Cursos de formación do Plan de formación 2010 da Deputación da Coruña-

Entre os cursos do Plan de formación agrupado 2010, promovido pola Deputación da Coruña, que comezarán a partir do mes de setembro ofértanse algúns que poden resultarnos interesantes:
CURSO DE LINGUAXE ADMINISTRATIVA GALEGA (NIVEL SUPERIOR). Edición en Ribeira
CURSO DE TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ESCRITA. Edicións en Narón, na Coruña e na Pobra do Caramiñal
O prazo para anotarse remata o día 16 de xuño
Páxina web de formación da Deputación da Coruña
Impreso de solicitude para o persoal dos concellos, consorcios e mancomunidades


Curso de Actualización da Linguaxe administrativa galega para o persoal das entidades locais da provincia da Coruña

A Deputación da Coruña ten aberto o prazo para se inscribir nos cursos do Plan de formación agrupado 2010 que comezan antes do verán.

Entre os cursos convocados está un de Actualización da Linguaxe administrativa galega.

Os obxectivos deste curso son:

– Redactar con corrección a linguaxe técnica administrativa galega
– Coñecer e empregar léxico básico relacionado coa xestión pública
– Aplicar as convencións e regras de estilo aos documentos
– Redactar eficazmente os documentos de transmisión propios da xestión
administrativa
– Coñecer e manexar os recursos de apoio á aprendizaxe
– Redactar con corrección a linguaxe técnica administrativa galega- Coñecer e empregar léxico básico relacionado coa xestión pública- Aplicar as convencións e regras de estilo aos documentos- Redactar eficazmente os documentos de transmisión propios da xestiónadministrativa- Coñecer e manexar os recursos de apoio á aprendizaxe

Os contidos que se tratarán son os seguintes:

1.- Gramática:
– Problemas gramaticais da linguaxe de especialidade
2.- Léxico:
– O léxico administrativo
– A fraseoloxía administrativa
3.- Redacción e estilo:
– A variedade lingüística administrativa
– Características e modernización da linguaxe administrativa
– A linguaxe sexista
– Criterios de utilización dos signos de puntuación e doutros signos
ortográficos nos documentos administrativos
– Algunhas convencións gráficas nos documentos administrativos
4.- Documentación:
– Cuestións de formato
– Estrutura xeral común para todos os documentos administrativos
– Distintos tipos de documentos administrativos

O curso desenvolverase en 3 edicións:

Cerdido 10, 12, 19, 24, 26, 31 de maio; 2 e 7 de xuño de 17:00 a 20:00
A Coruña 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de maio de 17:00 a 20:00
Cee 11, 13, 18, 20, 25, 27 de maio;1 e 3 de xuño de 17:00 a 20:00

O  prazo para anotarse remata o día 22 de marzo

Páxina de formación da Deputación da Coruña
Información do Curso de actualización da linguaxe administrativa galega
Folla de inscrición

Convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega nas escolas de idiomas

No DOG do día 03 de febreiro de 2009 publicouse a convocatoria de cursos de linguaxe administrativa galega nas escolas de idiomas de Galicia.

Para poder matricularse hai que ser persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia.

Para participar no curso de nivel medio hai que acompañar a solicitude co certificado ou a validación de perfeccionamento da lingua galega e para o de nivel superior hai que acompañala coa certificación que acredite que se ten superado o curso de nivel medio.

Hai dúas quendas, unha de febreiro/marzo a xuño e outra de outubro a xaneiro. Para a primeira quenda o prazo de matrícula remata o día 23 de febreiro.

As solicitudes deberán presentarse na Escola de idiomas na que se pretenda desenvolver o curso e as prazas asignaranse por orde de inscrición.
Os cursos convocados nas escolas de idiomas da Coruña e de Santiago de Compostela son os seguintes:

Cursos de nivel medio

Santiago de Compostela

1º cuatrimestre 2010-2011 (2 cursos). Horario por determinar

A Coruña

2º cuatrimestre 2010. Luns, mércores e venres. Horario por determinar

2º cuatrimestre 2010. Martes e xoves. Horario por determinar

1º cuatrimestre 2010-2011 (2 cursos). Horario por determinar

Cursos de nivel superior

Santiago de Compostela

2º cuatrimestre de 2010. ( 2 cursos) Luns, martes e xoves. 13:00 a 15:00

2º cuatrimestre de 2010. Luns e mércores. 18:30 a 21:00

2º cuatrimestre de 2010. Martes, xoves e venres. 10:30 a 12:30

1º cuatrimestre 2010-2011. Horario por determinar

Escola oficial de idiomas de Santiago de Compostela

Escola oficial de idiomas da Coruña

SNL do Concello de Zas is powered by Wordpress | WordPress Themes